8.12.09

j.

j é awa. fala de cantas cousas lle acontecen ao seu pobo. fala de minas, de violacións, de mortes. fala de inseguridade. de inhumanidade. fala de goberno e de guerrilla. fala de como se violaron -e se violan- os seus dereitos. de como só comezaron a loitar cando souberon que tiñan dereitos
os awa, coma tantos outros pobos, loitan por defender o seu xeito de vida, as súas tradicións. a súa lingua
j fala do que os vellos chaman o "mal camiño escuro", polo que se apartan moitos mozos awas. fala de resistencia, de loita. nos seus ollos, que aínda non fixeron os vinte, pódese contemplar o cansancio de séculos. despídese con voz suave. sorrí. e no seu sorriso tamén garda o segredo da resistencia

e eu marcho pra casa cansa, mastigando a súa historia sen saber moi ben que facer con ela

2 comentários:

rui disse...

Non coñecía o pobo nin a língua. Qué grande é o mundo!
Moi interesante este post.

oko disse...

cada vez máis, decátome de que américa latina ten mil mundos en cada país. eu cada vez síntome máis pequeniña, máis pequeniña, canto máis descubro

gracias pola visita e o comentario ;)