29.12.09

no nadal



as rúas de puebla fixéronme lembrar a primeira (e única) imaxe de caracas que ten rexistrada a miña memoria. as casas baixas de cores e os mercados con toldos azuis ocupando as beirarrúas, o aire quente e os autobuses destartalados. e cholula, coas súas ruínas gloriosas de pasado


a fin de semana enteira foi un dejavú constante de cousas diversas e sen ningunha relación aparente entre si
despois foi voltar ao monstro e velo así, achegándose, tan inmenso que aterraba, ocupando todo un val ate tan grande que non alcanzaban os ollos. o popocatepetl coroado de nubes e que fermosos os montes e que verde

(e o terror que sigo a sentir mentres leo de tlatelolco, que non se me saca da cabeza, e a sensación tan estraña na praza, tan fría, tan, non sei, tan pouco humana. de certo hai lugares que están malditos)

Sem comentários: