Para o traballo de L.A. quizais fale disto...

e tamén disto...

Parece que veñen malos tempos pro mexilón...
e o Nadal foi sempre a millor época do ano pra vendelo...
"Era imposible mirar os raís un minuto seguido e non sentir dor na retina" (M. Darriba)
 Así que, despois de ir ao supermercado, pois encamiñeime a Maky, que é a librería-papelería de toda a vida. E alí, a parte do papel milimetrado (que non era pró pastel senón pró cole) e do papel do forno, atopei algo moi apetitoso que mercar. Pensarán que son unha infantil, mais de certo que lle atopei mil utilidades, e or iso o merquei: unha estupenda pintura vermella!
Así que, despois de ir ao supermercado, pois encamiñeime a Maky, que é a librería-papelería de toda a vida. E alí, a parte do papel milimetrado (que non era pró pastel senón pró cole) e do papel do forno, atopei algo moi apetitoso que mercar. Pensarán que son unha infantil, mais de certo que lle atopei mil utilidades, e or iso o merquei: unha estupenda pintura vermella! Entón puxen a miña creatividade pictórica (que non é moita, créanme) en marcha. O primeiro que fixen foi a casa que vou a ter cando sexa adulta.Unha casa moi bonita, con cadeliña e flores e arredor (non se mira porque queda pra atrás) moitas árbores. Tamén unha lareira moi grande e unha mecedora pra ler nela diante do
Entón puxen a miña creatividade pictórica (que non é moita, créanme) en marcha. O primeiro que fixen foi a casa que vou a ter cando sexa adulta.Unha casa moi bonita, con cadeliña e flores e arredor (non se mira porque queda pra atrás) moitas árbores. Tamén unha lareira moi grande e unha mecedora pra ler nela diante do lume dutrante o inverno.Unha casa con moitísimas fiestras pra ter moitísima luz.
 lume dutrante o inverno.Unha casa con moitísimas fiestras pra ter moitísima luz. 
...
 Onte oín que a vida é cuestión de sorte. Será. Dúas filas máis adiante estaba sentada unha persoa que o ano pasado foi algo importante pra min. Estaba soa. E non sabería dicir por que me decepcionou ao erguerse xusto cando comezaron os títulos de crédito. Mireina e sentín algo de saudade polos tempos pasados. Ou non.
 Onte oín que a vida é cuestión de sorte. Será. Dúas filas máis adiante estaba sentada unha persoa que o ano pasado foi algo importante pra min. Estaba soa. E non sabería dicir por que me decepcionou ao erguerse xusto cando comezaron os títulos de crédito. Mireina e sentín algo de saudade polos tempos pasados. Ou non.
 no peito. é como ter pitos no peito de neno. un son ao respirar forte, coma un tren de pulmón a pulmón. prometo non preocuparme. que as ameazas sempre quedan en nada. pero doe. e doen tamén as pernas e pola noite os ollos non deixan durmir ben. dúrmense as mans mentres escribo. polo teléfono fala unha voz doída que tenta soar tranquilizadora. acouga nena, a peor parte estame a tocar a min. mais non podo evitalo. e non quero que marches. non quero. e non quero que pase o que sempre pasou a todo o mundo e nós prometemos que non pasaría nunca.
 no peito. é como ter pitos no peito de neno. un son ao respirar forte, coma un tren de pulmón a pulmón. prometo non preocuparme. que as ameazas sempre quedan en nada. pero doe. e doen tamén as pernas e pola noite os ollos non deixan durmir ben. dúrmense as mans mentres escribo. polo teléfono fala unha voz doída que tenta soar tranquilizadora. acouga nena, a peor parte estame a tocar a min. mais non podo evitalo. e non quero que marches. non quero. e non quero que pase o que sempre pasou a todo o mundo e nós prometemos que non pasaría nunca. O domingo, trala manifestación de Nunca Máis e dun xantar do máis fraternal e entretido, unha persoa coñecida polo seu cargo en certa organización desveloume unha nova da que eu nunca tivera coñecemento, apesares do preto que queda de min... Nemo é marinense!!!!!!!! Aínda non me recuperei do impacto! (Pero a verdá, canto máis o miro, máis me decato de que pola cara si que parece da ría, non credes?)
 O domingo, trala manifestación de Nunca Máis e dun xantar do máis fraternal e entretido, unha persoa coñecida polo seu cargo en certa organización desveloume unha nova da que eu nunca tivera coñecemento, apesares do preto que queda de min... Nemo é marinense!!!!!!!! Aínda non me recuperei do impacto! (Pero a verdá, canto máis o miro, máis me decato de que pola cara si que parece da ría, non credes?)  A ollada perdida no fondo da pantalla. Ola, estás aí? Non, non son eu. Por detrás oio gritos e máis gritos. Sempre unha versión dos feitos. Non existe a imparcialidade. Nunca. Agora na pantalla aparecen letras. Pero non, non son eu. É sempre ela, a outra. Esa que está no fondo, moito máis abaixo das palabras que seguen a parecer por arte de maxia. Terán significado? Mañá ás dez no tren, ou bótote de menos. Ás veces unha avestruz, e outras veces un Koala. Ollo sempre. E moi poucas veces eu, o ente, a persoa. O individuo. Non, non son eu. Estás? Non. Son solo unha pantalla en branco. E min estades reflectidos todos vós. Son o que vös queredes que sexa. Activade a función. UnDousTres. A fantabulosa, a estupenda, a marabillosa. Aquí estou, pero non son eu. Un día debuxáronme este sorriso nos beizos, e aí quedou. Esa é a face da outra. Eu ando agochada, non sei ben onde. Está escuro e fai frío. Hai anos que non ollo o sol. Hai días que morro co frío e as man estánseme a poñer moradas. Non pasa nada, nena. Dí a outra. Ti non saias e punto. Coma un robot, ela obedece as ordes dos outros, dos que mandan. E eu, que teño medo, as máis das veces lle fago caso...
 A ollada perdida no fondo da pantalla. Ola, estás aí? Non, non son eu. Por detrás oio gritos e máis gritos. Sempre unha versión dos feitos. Non existe a imparcialidade. Nunca. Agora na pantalla aparecen letras. Pero non, non son eu. É sempre ela, a outra. Esa que está no fondo, moito máis abaixo das palabras que seguen a parecer por arte de maxia. Terán significado? Mañá ás dez no tren, ou bótote de menos. Ás veces unha avestruz, e outras veces un Koala. Ollo sempre. E moi poucas veces eu, o ente, a persoa. O individuo. Non, non son eu. Estás? Non. Son solo unha pantalla en branco. E min estades reflectidos todos vós. Son o que vös queredes que sexa. Activade a función. UnDousTres. A fantabulosa, a estupenda, a marabillosa. Aquí estou, pero non son eu. Un día debuxáronme este sorriso nos beizos, e aí quedou. Esa é a face da outra. Eu ando agochada, non sei ben onde. Está escuro e fai frío. Hai anos que non ollo o sol. Hai días que morro co frío e as man estánseme a poñer moradas. Non pasa nada, nena. Dí a outra. Ti non saias e punto. Coma un robot, ela obedece as ordes dos outros, dos que mandan. E eu, que teño medo, as máis das veces lle fago caso...

Asombrada por atopar certo parecido entre Bataille e Huidobro. Admirada pola capacidade dos grandes de selo aínda máis. Doída por certas palabras nunha carta electrónica. Tentando recuperar vellas amizades, e esquecendo algunhas outras. Contenta polo aniversario dun dos meus amores máis fieis: este é o meu agasallo!
 Ben, ao final esta crónica radiofónica non vai a quedar tan terrible. Pode que incluso me chegue a gustar. Eu, o Grande Ollo, rodeada de camioneiros. En fin, como diría certa persoa, GOTA!!!
 Ben, ao final esta crónica radiofónica non vai a quedar tan terrible. Pode que incluso me chegue a gustar. Eu, o Grande Ollo, rodeada de camioneiros. En fin, como diría certa persoa, GOTA!!! A folga dos transportes como novidade para este venres. Debate interno de ser facer unha crónica convencional, desas que se escoitan sempre na radio, ou facela litararia, e tentar ser algo orixinal anque ao final quede en nada. Despois, debate sobre se ir ou non ir algún día a Cineuropa. Preocupación por unha pombiña que anda a voar soa polos mares do leste. Sentimento de culpabilidade por non chegar a tempo para ver a un gabián galo. E nada máis. Desconcertada aínda ante un micro solitario o venres, unha profesora estricta cos primeiros, e cun problemilla familiar que imbúe a algún que outro alleo. Repito, que eu non son a mala da película. En fin, déixovos pola Rebolo... guapa!!!!!!!!!!!
 A folga dos transportes como novidade para este venres. Debate interno de ser facer unha crónica convencional, desas que se escoitan sempre na radio, ou facela litararia, e tentar ser algo orixinal anque ao final quede en nada. Despois, debate sobre se ir ou non ir algún día a Cineuropa. Preocupación por unha pombiña que anda a voar soa polos mares do leste. Sentimento de culpabilidade por non chegar a tempo para ver a un gabián galo. E nada máis. Desconcertada aínda ante un micro solitario o venres, unha profesora estricta cos primeiros, e cun problemilla familiar que imbúe a algún que outro alleo. Repito, que eu non son a mala da película. En fin, déixovos pola Rebolo... guapa!!!!!!!!!!!