26.11.05


Onte pola noite a miña irmá deixoume unha lista pequeniña de cousas que tiña que mercar pra facer un pastel para o domingo:
- Tres follas de papel milimetrado

- Unha tarrina grande de Tulipán
- Dúas tabletas de chocolate Nestlé pra fundir (500 gr.)
- Papel pró forno
Así que, despois de ir ao supermercado, pois encamiñeime a Maky, que é a librería-papelería de toda a vida. E alí, a parte do papel milimetrado (que non era pró pastel senón pró cole) e do papel do forno, atopei algo moi apetitoso que mercar. Pensarán que son unha
infantil, mais de certo que lle atopei mil utilidades, e or iso o merquei: unha estupenda pintura vermella!
Entón puxen a miña creatividade pictórica (que non é moita, créanme) en marcha. O primeiro que fixen foi a casa que vou a ter cando sexa adulta.Unha casa moi bonita, con cadeliña e flores e arredor (non se mira porque queda pra atrás) moitas árbores. Tamén unha lareira moi grande e unha mecedora pra ler nela diante do lume dutrante o inverno.Unha casa con moitísimas fiestras pra ter moitísima luz.
Pero como miraba que no debuxo me debía de sentir moi soa, pois metín compañía. A verdá, teño que admitir que eu non quedei moi realista, e quen vai comigo non aparecen moi favorecidos, quizais por iso non se recoñezan vostedes no meu debuxo.
Finalmente pensei: ata podo debuxar un libro ben bonito, así con ilustracións, coma os dos nenos pequenos, un libro totalmente ao meu gusto. E de certo que o libro si que me quedou logrado, que ata dan ganas de lelo, non si?
Quen sabe, quizais algún día, incluso acabe escribindo un con algún lapis vermello

...


Sem comentários: