6.1.07

os máis guapos

Mamá era a moza máis guapa do pueblo, con diferencia. Papá era o rapaz máis loiro e cos ollos máis bonitos. Casaron un día de Reis que chovía moitísimo, e todos se lembran porque a miña prima, que daquela era moi pequena e iba de dama de honor, caeu e manchou o vestido todo de lama. Hoxe celebraron 33 anos daquel día. Están todos melancólicos estos días porque eu ando a revolver as fotos vellas para escoller unha imaxe miña de pequena para o orlín da facultá. E é só cando miro as fotos que me dou conta real de canto medrei, que eles se decatan de verdá do vellos que van...
(perdoen pola mala calidade das fotos de fotos. a de arriba é mamá. a de abaixo son eu na foto máis linda que me sacaron na vida. non falta detalle, ate teño o bocata enriba da mesa. acaso non era preciosa???)

11 comentários:

  1. Anónimo6/1/07 21:38

    a túa mamá segue tan guapa coma na foto!

    Os ollos do teu pai son moitísimo máis que preciosos!

    E claro... deses xens só podían saír tres fermosas mullerciñas coma vós; das que eu, sen dúbida, quedo coa pequena!


    E sabes que é o mellor entre tanta fermosura? O bos e majos que son (sodes)!

    A ver cando se repiten esas visitas Norte-Sur!(que grandes!)



    Dos comentarios do post anterior, só dicir que me encanta levar as culpas!

    ResponderEliminar
  2. PARABENS para os teus pais!!.
    Mira que guapa estás na foto.

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  3. todas as fotos nas que sae sorrindo son as máis bonitas da historia ;) O do bocata é inmellorable, non como os nenos de agora que andas con phoskitos deses. VIVA O CHOURIZO, A MORTADELA E OUTRAS MERENDAS PROLETARIAS

    ResponderEliminar
  4. Anónimo7/1/07 19:11

    jajajaj que guapaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!! e ese look?? pq será que tolas as da nosa xeración tivemos esa media melena e esa diadema? o detalle do bocata inmellorable!! eu quedo co detalle de que ese era o televisor que había en casa dos meus avós!!!!!! :)
    túa nai preciosa, si señor. a ver cando colgas unha foto dos ollazos de teu pai, que morro coa curiosidade!

    unha apertiña e feliz ano e Reis (con retraso) ;)

    ResponderEliminar
  5. Pois si que era guapa tua nai e seguro que segue sendoo que din que o que tuvo retuvo.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo8/1/07 11:19

    Só dous apuntes,

    Si que son quen pensa que son

    E non se preocupe pola bronca, penso que sirocaus desta non morre.
    En canto se dean as condicións haberá presentación oficial, donghuorri!

    Un biquiño e a mirar(ver) se quedamos pra tomar un piscolabis algún dia desta semana porque non sei eu se poderei pasar moito pola facultade estes días. Bueno, mañá tentarei irlle a primeira ao meu amor

    ResponderEliminar
  7. Anónimo8/1/07 14:56

    ¿Sabes que a túa nai parécese moito á miña cando tiña, máis ou menos, os teus anos?

    ResponderEliminar
  8. Anónimo8/1/07 14:56

    "seus anos", quería dicir.

    Asdo. sirocaus

    ResponderEliminar
  9. Anónimo8/1/07 15:27

    tenlle moito q agradecer ao bocata da merenda, sen il, non seria o q é..

    ResponderEliminar
  10. Anónimo8/1/07 17:47

    estas mamás de antes... éranche todas unhas ye-yés de moito coidado!
    quen fose coma elas e tivese vinte anos nos sesenta!

    ResponderEliminar
  11. chicharofóbica, sabe que está convidada a visitar a esa familia tan guapa que teño cando queira!!! e gracia spolos cumpridos, que ata me subiron os colores!!!
    marinha e tawil, gracias a vós tamén!!!
    Madeleine, que lle parece se vamos un día destes a comer un bocata coma os de antes???
    Aultre, calquera sabe que a media melena é un dos peinado máis elegantes ;P!!!!!
    Paideleo, podo asegurarlle que a miña nai segue a ser guapísima!!!! non lle fan mérito as súas fillas!!!
    polo tanto, zerovacas, a súa nai tamén debe de ser moi guapa!!!
    moinante, está claro que sen esos bocadillos nunca tería chegado ata onde estou :)

    ResponderEliminar