
As festas do Nadal sempre me resultaron particularmente tristes. Máis aló do afán consumista, amosado, e con creces, no post anterior, pois iso, que non me aportan nada estas datas. Ademais, sempre relacionei Nadal con moito traballo, sobre todo no tocante a miña nai.
En fin. Este ano tocan despedidas. A de Lúa, que xa non volta máis, e a de Iria, que quen sabe se algún día voltará. Marín é un sitio moi pequeno. O único que me alegra un pouco estes días é poder cantar a dúas voces con mamá
Nunha barca de Marín....
sempre se vai algo de nós con aqueles que se van... pero sempre hai algo deles que se queda con nós PARA SEMPRE :)
ResponderEliminardisfruta todo o que poidas destes días de festa!