18.2.06

Koala


Hai quen me comparou cun koala. Seica cando os animaliños se enfadan dan medo de verdá. O caso é que me lembrei agora do asunto, e pregunto: cren vostedes que uns bichiños tan xeitosos -o animaliño e mais eu- podemos ser tan terribles???

15 comentários:

  1. muller, non sei, eu nunca te vin mala leche. o que si sei é que as persoas máis boas cando se cabrean meten medo de verdade. iso seguro xD

    e ben, eu tampouco me fiaría moito dos bichos eses..., hai moito lobo con pel de año... e eu coñezo a unhas cantas persoas que son así. de todas eu prefiro os cans, e se son palleiros, máis.

    ResponderEliminar
  2. o de que non me fío era polo bicho ese, de ti claro que me fío :) é que lle teño manía... tenme pinta de falso... jajajajaj

    vaia razoamento!

    ResponderEliminar
  3. A ti non te coñezo persoalmente, máis tod@s canda sacámolo xenio somos TERRIBLES non crees??.
    En canto aos Koalas a mín seméllanme animais tranquilos e pachorrentos, mais...vaite ti ver si lles tiramos das orellas digo eu que sacarán o seu xenio tamén.

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  4. pois eu non podo ser moi obxectiva, porque o koala é o meu animal favorito...

    ResponderEliminar
  5. jjajajaja menos mal que es sincera!!

    ResponderEliminar
  6. para nada, muller. os koalas son animais moi especiais e como especiais k son están en perigo de extinción. Eu sentiríame orgulloso de ser koala! un bico

    ResponderEliminar
  7. no temple está a chispa que agarda o combustible, cum adecuado comburente...os fogos de artifício som dignos de ver...dígocho eu que deso sei...

    ResponderEliminar
  8. Cando era cativa e non andaba polos espelliños, tiña un flotador de koala. Creo que mo rachou o Bu, o can da miña avoa.

    ResponderEliminar
  9. eu penso que ata o bichiño máis xeitoso do mundo pode tolear cando se cabrean, como di aultre narai. Apertas!

    ResponderEliminar
  10. o que a denominou koala pontualiza:

    -que, sen negar a posíbel analoxía que se aponta, en ningún momento considerei a cuestión do enrabechamento sulfuroso como ponto de semellanza
    . moi pola contra, analisaba en concreto mediante criterios de apertabilidade e odiabilidade

    -que o seu propio agarimo e identificación coa especie citada ficaron máis que demostrados cando vostede dixo: "cando menos nós temos un sitio propio: koala lumpur". e polos retratos dos ditos bechiños en certas prendas do máis íntimo

    .
    receba os máis garimosos chíos, ollámonos polas pólas

    ResponderEliminar
  11. Moitas graZas polos comentarios. Creo que a resposta merece un post!!!!

    ResponderEliminar
  12. Contáronme que o koalo, para aparellarse, persegue á koala eucalipto arriba, acádaa e escroquéalle a cachola contra o toro, e cando está inconsciente (e permanece abrazada ó toro) o koalo viólaa. Non sei se quen te comparou con ese becho coñece tales hábitos. De todos xeitos, mellor cabrearse que levalo dentro...

    ResponderEliminar
  13. Anónimo9/3/06 15:01

    Dsd la facultad de biología, te recuerdo, q los koalas se consideran Animales Salvajes, término q se emplea para denominar a todo animal NO doméstico.

    Y sinceramente, yo tb sería un animal salvaje, si unos impresentables estuvieran destrozando mi habitat y mi alimento, y por tanto, mi especie.

    Y el q te haya llamado Koala, no sé en que sentido... Creo q lo único q tienes de koala (x decir algo)es "a dor na retina"

    ResponderEliminar