 Nunca estivera tan en Marín desque marchei. Gústame meterme no Concello para ver que pasa cada día, e falar con xente que aínda te sorrí pola rúa. Saber que rúas se van empedrar e cando se van limpar as praias. O señor aquel que cada día ves escribir nunha cartulina con boli verde enriba dunha furgoneta abandonada con cristais rotos, e con probabilidade te esquezas de ler o que escribe o día que non o atopes. O neno aquel que te mira rindo de detrás da porta dun comercio pechado. As roseiras vermellas que hai ao carón do Concello, e a rolda de prensa co home aquel, pai dun dos primeiros amores platónicos, unha espiña que aínda tes cravada.
Nunca estivera tan en Marín desque marchei. Gústame meterme no Concello para ver que pasa cada día, e falar con xente que aínda te sorrí pola rúa. Saber que rúas se van empedrar e cando se van limpar as praias. O señor aquel que cada día ves escribir nunha cartulina con boli verde enriba dunha furgoneta abandonada con cristais rotos, e con probabilidade te esquezas de ler o que escribe o día que non o atopes. O neno aquel que te mira rindo de detrás da porta dun comercio pechado. As roseiras vermellas que hai ao carón do Concello, e a rolda de prensa co home aquel, pai dun dos primeiros amores platónicos, unha espiña que aínda tes cravada.Gústame o aire de Marín polas mañás, e que me pregunten de quen veño sendo. Que me deixen notas de prensa nun buzón que digan "sacrificando o proxecto nacionalista pola moqueta, coches oficiais e garabatas. Se Paco Rodríguez tivera un mínimo de dignidade, xa tería presentado a súa dimisión"
E é que, polo de agora, aínda teño esperanza de que este siga a ser un pueblo tan enorme coma sempre... Que grandes somos cando queremos!!!
 

4 comentários:
Sabes la sensación de paz y felicidad plena q se siente cnd haces las cosas bien? O cnd vés una buena peli de estas q no te dejan indiferente? O cnd escuchas una canción y no kieres q acabe nunca?... Es una sensación casi mágica.
Bueno, pues así es como tb me siento yo cnd leo algo como lo de hoy.
Gracias
Gustoume a frase final, ademais é moi certeira.
Unha aperta.
:)
I say briefly: Best! Useful information. Good job guys.
»
Hmm I love the idea behind this website, very unique.
»
Enviar um comentário