31.7.06


Os blogueiros son dunha raza máis ben rara. para comezar, son majos -cousa difícil ou imposible de aplicar aos membros de calquera outra raza así en termos xerais. Ademais son sociablese son quen de interrelacionarse os grupos de adolescentes e maduritos entre si. Ademais son uns frikis, pero iso é case sobra dicilo...
Non sei que dicir da xantanza de onte... a mágoa que me dou ter que marchar tan cedo? as ganas que teño de que se repita? que o alcol é moi malo para a saúde? que cada xantanza vas descubrindo novos blogueiros e cada cal millor? que estou a facer un post peloteo - aparte de ñoño e chungo-totalmente? que aínda faltaba moita xente?
é que non sei moi ben o que dicir... o único malo que tivo o día foi esas malditas astillas que me levei pra casa clavadas nas mans... do resto... agardarei á próxima con ansia...

9 comentários:

  1. algús si q somos antisociais. inda q riquiños. claro

    ResponderEliminar
  2. Non sabía que se mancara vostede. Síntoo moito. E xa sabe que eu sempre estou disposto a actuar de enlace entre adolescentes e maduritos.

    ResponderEliminar
  3. lascas nesas mans cativas (tanto no volume como pola súa saúde precaria)??

    dende o niño, síntollo ben.

    ResponderEliminar
  4. desorde,estou segura de que é moi riquiño pero non antisocial... agardo poder comprobalo algún día!
    modesto, foi vostede o grande descubrimento desta xantanza!!!!! e non se preocupe polas mans, cuatro astillitas de nada...
    melro, non se meta comigo, que o tamaño non importa!!!! xD
    mou... que pracer coñecelo en persoa!!!! (quedei a medio durmir co gara enriba da cama)
    jan, un pracer tamén... agardo vela na próxima...!!!

    ResponderEliminar
  5. Anónimo1/8/06 00:35

    Doume por aludida co de maduritos, pero encantame a palabra e foi un verdadeiro placer contar con tantos "netiños" maravillosos.
    Si, si, hay que repetir...
    Bicos, queridiña

    ResponderEliminar
  6. Anónimo1/8/06 12:03

    muralla, para esta xente nova, maduritos somos os que temos máis de 25 :-D
    Oko, agora sei onde vives. Bicos ;-)

    ResponderEliminar
  7. Anónimo2/8/06 12:19

    joé, non sei como me apaño que sempre me perdo todas as xuntanzas!! :(

    ResponderEliminar
  8. Pois xenial, agardo ir descubrindo pouco a pouco esa blogosfera galega tan chea de xente interesante.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. bicos para vostede, muralla, que é tan riquiña!!!
    opaco, eu tamén te teño localizado a ti, non te creas...
    aultre, moucho, da próxima non pasa...

    ResponderEliminar