24.10.06

De probas

Xa todos -por unhas vías ou outras- sabiamos que esa praza de prácticas estaba dada. Eu, pola miña conta, sospeito que a outra tamén o estaba, e por iso fixeron proba. Pero foi divertido, porque fixeron preguntas axeitándose a min. Tamén preguntas para pillar, como "que dis se che falo da Sala Galán?". Divertido, si, e esta vez ninguén me chiscou un ollo -adiosgracias-.
Pola tarde veñen os señores da CRTVG a decidir quen de nós pode pasar seis meses de aprendiz audiovisual e/ou xornalístico na cadea pública. Se non me escollen a min, rematouse a miña aventura practiqueira dos próximos seis meses. É o que ten!!!

{nota: esta noite rematou o Ramadam (مضا). Apuren os preparativos, que hai que comezar a celebralo!!!}

2 comentários:

  1. que teñas moita sorte!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Ocórrenseme algunhas preguntas máis axeitadas para entrar no xornal en cuestión:
    -Se rompe España?
    -Es Anxo Quintana Lucifer?
    -De quién son culpa los incendios?
    -Nunca Máis es como Batasuna pero en gallego?

    ResponderEliminar