Chego a casa e dígolles que estou namorada. A tele é todo un mundo. Son riquiños, trátanme moi ben, teñen paciencia, son benevolentes, e responden amablemente ás miñas preguntas de nena repelente "para que vale isto???". Está o rapaz de cara triste, que é polo que digo que estou namorada. Ademais ten cara de blogger, que non sei como é, pero el tena. Hai quen di que teño tendencia a namorar dos homes con cara de tristes. Non o sei. Pero o certo é que xa me tarda en chegar o venres para volver, e nunca pensei que se puidese dicir isto dun traballo, pero é que me gusta tanto...
Parabéns...¡E que che dure!
ResponderEliminareu espero que me dure os seis meses de contracto practiqueiro!!! :)
ResponderEliminara tvg!?
ResponderEliminarpero iso... é un rollo chungo, non?
quizais o sexa pra vostede como espectador. como bolseira, é unha marabilla, asegúrollo!!!
ResponderEliminarquizáis esa sexa a clave: o desaxuste entre o emitido e o percibido.
ResponderEliminarfeliz recalibración. :)