7.3.07




Mamá mercoume uns zapatos. a miña sorpresa foi descubrir a marca "nenapunk". despois, pola tarde, púxenme triste ao pensar que me vou a convertir nunha persoa seria. camiñaba, ao mediodía, pola zona vella, cando vin a un rapaz que coñecín hai un par de anos. vestía traxe e falaba de cousas serias cunha muller, de camiño a un restaurante caro. agora que vive da política xa non me saúda.
o día que eu teña responsabilidades grandes, xa non serei como son, nin terei uns zapatos de marca nenapunk feitos a man?

9 comentários:

  1. Ai, si. Lembro os anos nos que me sentía vello. E míranos agora, sabendo que temos tan só 26 anos, e que tantos e tantos morreron "tan novos", sendo moito maiores.

    ResponderEliminar
  2. Mentras tenhas gente que che lembre o pouco seria, e o riquinha que és, nom tés que preocupar.

    Issom sim, guardares esses sapatos como lembrete é umha boa ideia

    ResponderEliminar
  3. Anónimo7/3/07 23:35

    Todos estamos cambiando seguido, pero hai cousas que permanecen.
    ¿que é importante para ti?
    Loita por seguir tendo esas cousas no teu interior e non teñas medo, iso seguirá contigo, coma a túa etiqueta.
    No interior dos teus zapatos seguirás a ser sempre unha nena punk

    ResponderEliminar
  4. Acabo de volver de Vigo (para que vexas). E até fixen fotos por se non me crías...

    ResponderEliminar
  5. O que se dedica a política calzaría Lottusse, supoño. ¿E queres que saude a unha nenapunk? Veña, oh!

    ResponderEliminar
  6. os sapatos din máis dumha persoa que con quen vai a comer...o normal é creçer...

    ResponderEliminar
  7. os sapatos din máis dumha persoa que con quen vai a comer...o normal é creçer...

    ResponderEliminar
  8. Conserva esa "nenapunk", non renuncies á esencia...

    Unha aperta grande.
    :)

    ResponderEliminar
  9. Home, Zerovacas, a verdá que a veces parece que os de vintemoitos tendes menos sentidiño ca nós :D
    Fer, Ghanito, Marinha, de verdade serei en esencia unha nenapunk?
    O raposo, tes razón, agora que usa garavata e americana, non me vai saudar a min. Que pensarían os que o rodean!!! Por que a xente se volve tan tonta?
    Txari... debo confesar que a veces levo zapatos pijos... agardo non quedar catalogada...
    (Zerovacas, estou convencida de que non existen tales fotos)

    ResponderEliminar