7.1.08

Polgariño


iso que miran aí é a casa do meu sobriño. nacerá alá por finais de xuño ou principios de xullo. e segundo o método supercientífico de adiviña do sexo (no que se fai que a preñada en cuestión escolla entre dous bultos, nos que hai gardados unha tixeira e un coitelo), vai ser neno.

de todas as cousas que podería contar, esta é a máis importante

polo de agora podémolo chamar Polgariño, por aquilo de que ronda os cinco centímetros, e ata que se chegue a un consenso co do nome

9 comentários:

  1. Arf,arf?
    Bom,nom. Que riquinhaaaaa! A minha -a da minha "irmá"- está um chisco mais grande :D

    ResponderEliminar
  2. Anónimo7/1/08 22:37

    ola olaaaaaaaa

    aí vai: aultre_narai@hotmail.com

    ResponderEliminar
  3. Anónimo7/1/08 23:17

    pois pois vaia, graciñas pola información pq non tiña nin idea!!! :D cando vai ser o da festa?

    ResponderEliminar
  4. Quedou aclarado, si.
    Que todo lle vaia ben a Polgariño e á nai.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo8/1/08 18:11

    Aínda lle queda para abandonar o alcume. Noraboa.

    ResponderEliminar
  6. Noraboa!! Seguro que serás unha gran tía :D Un biquiño, agardo que todo vaia moi ben!

    ResponderEliminar
  7. fer, contrólese!!! jajajajjajajajaj. si a barriga aínda non é moi grande, pero eu xa estou emocionada!!!
    aultre, agardo que xa teñas resposta ás túas dúbidas...
    paideleo, sara, moitas gracias
    peke, pra min, por moito que medre, sempre será Polgariño :)

    ResponderEliminar
  8. Anónimo9/1/08 02:50

    sip! obrigadísima pola información! xD unha aperta!!

    ResponderEliminar
  9. Mil noraboas! nótaseche moi ilusionada. Mira por onde...o teu sobriñiño/a vai nacer polos mesmos meses que min. Eu ía ser de finais de xuño e nacín a principios de xullo.

    Bicoss

    ResponderEliminar