en vilapán, hai un pequeno verme da cor do café que cada día me fai conducir unha camioneta imaxinaria ou converterme en paxaro e levala vando escaleiras arriba polos corredores do centro cultural. ten só cinco anos e cando non lembra o meu nome chámame guapa. é tan fraquiña que ata lle caen os pantalóns, por iso é tan fácil levantala no aire. os dentes, tan pequechos báilanlle branquísimos na boca cando sorrí. ás veces dime que parezo un varonsito, polo pelo curto e entón fágolle cóxegas pra que non mire que estou a rir
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
son unha pesada, pero quería recomendarche outro temaso! Máis que nada porque me lembrei de ti cando o escoitei. Saibas que é unha recomendación do meu irmán. "If I needed you", de Emmylou Harris e Don Williams. Mándocha por mail
ResponderEliminarque riquiña,bicos
ResponderEliminarmoitas gracias. a ambas
ResponderEliminar