1.9.08

crónica xi.

en chavedosol atopei o lugar no que ser feliz. atopei os alicerces da revolución e a ansia por cambiar o mundo. dexei que me calara a lección mil e cenmil veces: que todo ha de ser pel, que todo ha de ser pel. escoitei o ritmo da vida saudándome cada mañá, soñei amarrada a un cuatro, tan feliz. quixen quedar alí. o fermoso que debe ser envellecer na terra máis luminosa do mundo. escoitei, aprendín moito, amei as casas de cores e as camisas vermellas. sentín a revolución latexando nas rúas e no sorriso da xente. durmín cun mundo mellor dentro do peito.

4 comentários:

  1. Intensidade
    emoción palpitante
    todo o corazón na man...

    Entranhable post!!!

    Beijinhos OKO.
    :)

    ResponderEliminar
  2. Sempre digo que -esa- é a única praxe posíbel da esquerda real hoxendía. Moito que aprender por aqui

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8/9/08 01:57

    esta noite lembreime de ti a raíz de algo surrealista. Non podía ser doutra maneira. Cando falemos cóntoche. Grazas polas túas entradas no blog. Acabo de cheghar á casa con papá e mamá "alegres de máis" das festas de Darbo. íanche gustar. Quérote, un bico

    ResponderEliminar
  4. bicos pra ti tamén, marinha
    zero, si que temos moito que aprender deles
    feiranta, agardo con ansia a túa historia
    por acá tamén se vos quere :D

    ResponderEliminar