atravesei o casco vello coa miña ducia de castañas, ben gardadiñas dentro da súa bolsa de papel marrón, quecéndome as mans. o rapaz que mas vendeu sorriu tanto que os seus ollos quedaron pequeniños, entre a pel escura. hoxe na illa ía moito frío, tanto que os nenos levaban luvas e as señoras que habitan os pisos máis grandes do centro da cidade sacaron os seus abrigos de pelexo. subín as escaleiras de begoña, ate o parque. no metro estaba o acordeonista e facía tanto tempo que non o oía que me deron ganas de ir saudalo. tocaba unha canción que non era a de sempre. mais o día comezara, horas antes, ao rexeitar un traballo e cantarlle a x polo teléfono a súa canción favorita. contei unha e mil veces que estaba de paso. a carteira tróuxome un sobre certificado. comprobei a miña incapacidade pra centrar a atención en nada. pechando un capítulo e abrindo outro. dubidando de cando voltarei ter vida académica reglada. sen saber onde irei. nin con quen. sen saber se quero sabelo. descoñecendo o que está a pasar no mundo agora mesmo. estou de paso en todas partes. desfrutándoo
repito video. síntoo
Os momentos de incertidume con castañas quentes lévanse millor.
ResponderEliminarSorte co futuro !.
Si, oko, muita sorte co futuro... Sorte e forza para tomar (para seguir tomando) decisións sabias, decisións valentes. E disfruta tamén a incertidume, muller, que se o pensas ben é parte da emoción de saber que has vivir a vida que ti escollas.
ResponderEliminarUn bico.
É precioso, eu descubrino hai uns meses e dende aquela non paro de miralo.
ResponderEliminarPois nada, a disfrutar, o frio vai e ben. Apertas
ResponderEliminarAnímate e fai un calacú. O calacú do meu blogo é o primeiro que fixen na miña vida.
ResponderEliminarmoitas gracias e bicos a tod@s!!!
ResponderEliminar