2.4.09

londres (v)

os helicopteros sobrevoan o ceo gris da cidade. tres coches e mais un furgon de policia arriban unha praza pra deter a un rapaz por un unico pecado cometido, bailar entre a xente alleo a sua presencia. os xornais falan de anarquia e vandalismo, combinandoo con fotos de gobernantes que sorrin antes de recepcions reais e festas nas que van debatir sobre unha crise que non lles afecta.
falo de tradicions e de canto cambiou todo nos ultimos trinta anos. debuxo moito, debuxos coma borranchos negros e fotografo so as veces. desfruto das estacions de metro abandonadas de media tarde. durmo a sesta baixo o sol, escoito musica en directo e esquezo as fotos que deberan acompanhar todos estes textos
vou mercar unha revista e atopo traducions de maria do cebreiro ao gales e mailo ingles. lembro polas tardes a moita xente da que hai tempo que non sei nada. falo soa por parques solitarios. devoro un libro que me fai escorar a cada linha
os tiles perdinos. e non sei onde
(e coma sempre, boto de menos. moitas cousas)

2 comentários:

  1. os helicópteros, esas ferramentas motorizadas do panoptismo, tamén rosman pola pedra nacional.

    en compostela pode un home
    recibir moca e agrísima dor en contrapaso[...]

    tal vez,
    procurar exilio para o ano santo que aí ven
    non podo coa sociedade da vixilancia. tampouco co catolicismo turístico.

    ResponderEliminar
  2. :( aborrezo a vixilancia e máis os turistas
    haberá que buscar onde fuxir

    ResponderEliminar