pasamos de dicir día das letras a dicir día de lois pereiro
porque o que aconteceu este ano foi unha revolución. quizais dende a miña perspectiva sesgada de atender só a certas cousas e persoas, mais eset ano semella que vivimos unha revolución da poesía que está na rúa, e non na academia
levaba anos a agardar por este día e tócame estar á marxe. a unha marxe de nove mil quilómetros. se ben é controvertido que se lle adique un día tan institucional a alguén como pereiro, a ruptura que supón, o poñer a todas esas persoas anquilosadas no pasado máis clásico a celebrar a alguén que tivo unha vida tan pouco "decorosa", é unha victoria
miña nai dicíame que pra qué celebrar a alguén que escribiu apenas tres libros. eis o grande logro. que se coñeza, que se lea, que se achegue á xente do común a alguén que escribiu pouco -se temos en conta as leis da hiperprodutividade que mandan en nós hox- pero con esa furia, é máis do que se pode agardar
a primeira vez que lin a pereiro, hai moitos anos, tardei días en reuperarme dos seus versos. moi poucas veces na vida me pasou iso. agora, a nove mil quilómetros da casa, releo a súa poesía última de amor e enfermidade, que me acompaña nesta travesía polo oeste
ogallá nunca máis voltemos celebrar a eses autores que fican tan lonxe de nós, que non nos falan, que non saben falarnos. ogallá cada ano haxa unha revolución. ningún paso atrás de aquí en diante
Unha revolución provocada por outra revolución anterior, a chegada de Ferrín á presidencia da RAG.
ResponderEliminarA verdade é que non coñecía a Lois Pereiro, eu sempre escravo das canles oficiais que agachan o que lles estorba.
Hoxe abríu unha das librarías da vila e fun comprar un libro para celebrar o día, pero non levei nada de Lois (penso lelo pronto) collín Outra Galiza de Suso de Toro.
Unha aperta
O que lin de Pereiro é pouco, pero é tan intenso e tan achegado á nosa realidade que me impresionou. Seguirei coa súa lectura, con calma, cando remate o curso.
ResponderEliminarUnha entrada moi sentida.
Saúdos.
e finalmente, rui, liches a pereiro???
ResponderEliminar