27.7.06

Tería demasiadas cousas que contar dos últimos tres días. Cheguei a Compostela aínda atordada pola rolda de prensa do señor ministro. En Galeras agardaban todos. Podería comezar a nomealos, un por un, e de seguro esquencería a alguén.
Se digo a verdade, non agardaba demasiado deses dous días. Pero foron dous días enormes, con poucas horas de sono porque ela non quería durmir ata que estivese o sol ben alto. E despois queimeime no sol da Quintana, e comín tirada na herba, e din voltas, e púxenme unha pegatina de Isca -non sei ben por que- e abandonei a certa personiña á boa de deus porque estiven máis perdida do habitual, e fun á churrascada -pouco rato- e levei petazetas -poucos, porque xa os comera mentres escribía o texto do señor ministro-, e recibín algún que outro par de bicos -algún deles, gárdoos con cariño "a lo fan histérica", e estiven ben acompañada ata que chegou o tren que me había levar de volta a casa.
E admito que volvín cortar o pelo, e agora mordo as uñas -non o facía dende os doce anos- e estou a comer conguitos coma unha loca, aínda sabendo que o chocolate non me fai ben. E sigo a aborrecer a inutilidade á que me induce este maldito traballo.
O que daría por voltar á Compostela do martes e esquencer que teño que facer unha páxina diaria, e que teño que escribir sen estilo ningún, contando cousas que non lle interesan a ninguén e das que ninguén aprende, nen sequera eu

10 comentários:

  1. Tenme que dicir por qué páxinas do Jornal anda vostede, que aló polo Galiñeiro do Sur cómprase o seu diario (que non Diario) e así podo ler as súas historias

    ResponderEliminar
  2. Tamén eu quero poder lerte, e espero que o domingo me digas onde podo facelo.
    Mentras tanto muitos bicos.

    ResponderEliminar
  3. agardo que o pase ben nas vacacións, mourullo. o domingo, ración dobre de petazetas para vostede!!!

    señores pito e muralla, se poden ler a edición de pontevedra, alí me atoparán. se non poden, non perden moito, dígollo eu!!! e agardo velos na xantanza!!!

    ResponderEliminar
  4. Si, no Galiñeiro do Sur lese a edición do Galiñeiro do Sur, faltaría máis ;-)

    Estarei atento, deixe pistas!; lamentablemente non estarei na xantanza, para os humanos é moi fácil, pero eu téñolles medo ós restaurantes;-)

    ResponderEliminar
  5. esas cousas que non lle inetersan a ninguén e sen estilo seguro que a farán aprender aínda que non o crea. é admirable escribir unha páxina diaria. ánimos e sorte!

    ResponderEliminar
  6. pois logo, señor pito, busque nas páxinas de marín... por aló me atopará... e non se decepcione demasiado!!!
    marinha, estou aprendendo moito, e iso é o único que me vale a pena agora mesmo...

    ResponderEliminar
  7. Very pretty site! Keep working. thnx!
    »

    ResponderEliminar
  8. I really enjoyed looking at your site, I found it very helpful indeed, keep up the good work.
    »

    ResponderEliminar
  9. Very cool design! Useful information. Go on! Cellular phone+cell phone plans+cellphone+ac

    ResponderEliminar