
Ás 8.30 da mañá do domingo, mentres subía as escaleiras do Hotel España, dixen 
mañá a min non me levanta nin Dios ke te crew. Tres horas máis tarde mandaba calar ao despertador cun shhhhhh cabreado.
En realidade todo empezou coa premonición de que iba a ser unha 
fin de semana moi intenso, despois de ver á 
musa cuns señores que tiñan toda a pinta de ser seus pais.
Despois, só teño un batiburrillo de cousas na cabeza: mercar selos 
do rei no estanco do 
primísimo, subir nun columpio múltiple, cantar o 
cumpleanos feliz ás doce da noite, elucubrar sobre o 
centro neurálxico do independentismo galego, compoñer nomes para os nosos fillos cos de camareiros e bares, rirnos da noite do venres (dos 
modernitos e das novas "amigas"), pasar toda a comida chorando da risa en Casa Benigno, facer vídeos de 
Miraxes, coñecer a un cociñeiro e volver a velo por un cúmulo de ¿casualidades?, escoitar a historia do 
escudo de Friol, descubrir da boca dun clásico da noite lucense que o 
alcaldísimo foi médico en 
Pol...
Rallábame, onte, porque non sabía que demo escribir para resumir estes dous días. Boa señal, sen dúbida, de que o pasamos ben, de que rimos de cousas que só nos fan gracia a nós, de que nos fixemos, se cabe, un pelín máis endogámicos
E o certo é que Lugo é precioso, 
a compañía inmellorable (
anque faltaron uns cantos), e paseino como non o pasaba hai ben tempo. No norte desapareceron as preocupacións, e perder a voz por completo e quedar muda ata quen sabe cando non  é máis que a peaxe obrigada a pagar.
Ogallá esta vida non rematase nunca!!!