7.3.07




Mamá mercoume uns zapatos. a miña sorpresa foi descubrir a marca "nenapunk". despois, pola tarde, púxenme triste ao pensar que me vou a convertir nunha persoa seria. camiñaba, ao mediodía, pola zona vella, cando vin a un rapaz que coñecín hai un par de anos. vestía traxe e falaba de cousas serias cunha muller, de camiño a un restaurante caro. agora que vive da política xa non me saúda.
o día que eu teña responsabilidades grandes, xa non serei como son, nin terei uns zapatos de marca nenapunk feitos a man?

9 comentários:

Zerovacas disse...

Ai, si. Lembro os anos nos que me sentía vello. E míranos agora, sabendo que temos tan só 26 anos, e que tantos e tantos morreron "tan novos", sendo moito maiores.

Fer disse...

Mentras tenhas gente que che lembre o pouco seria, e o riquinha que és, nom tés que preocupar.

Issom sim, guardares esses sapatos como lembrete é umha boa ideia

Anónimo disse...

Todos estamos cambiando seguido, pero hai cousas que permanecen.
¿que é importante para ti?
Loita por seguir tendo esas cousas no teu interior e non teñas medo, iso seguirá contigo, coma a túa etiqueta.
No interior dos teus zapatos seguirás a ser sempre unha nena punk

Zerovacas disse...

Acabo de volver de Vigo (para que vexas). E até fixen fotos por se non me crías...

Raposo disse...

O que se dedica a política calzaría Lottusse, supoño. ¿E queres que saude a unha nenapunk? Veña, oh!

TXARI disse...

os sapatos din máis dumha persoa que con quen vai a comer...o normal é creçer...

TXARI disse...

os sapatos din máis dumha persoa que con quen vai a comer...o normal é creçer...

Marinha de Allegue disse...

Conserva esa "nenapunk", non renuncies á esencia...

Unha aperta grande.
:)

oko disse...

Home, Zerovacas, a verdá que a veces parece que os de vintemoitos tendes menos sentidiño ca nós :D
Fer, Ghanito, Marinha, de verdade serei en esencia unha nenapunk?
O raposo, tes razón, agora que usa garavata e americana, non me vai saudar a min. Que pensarían os que o rodean!!! Por que a xente se volve tan tonta?
Txari... debo confesar que a veces levo zapatos pijos... agardo non quedar catalogada...
(Zerovacas, estou convencida de que non existen tales fotos)