31.5.07

Galegos e cristiáns, terra e fe

Entregado. Feito e entregado. Aí lles vai o principio. A ver que lles parece:

"Hai que ter moi claro que somos dunha terra, e que esta terra ten unha cultura, unha lingua, un patrimonio, uns valores, e que como cristiáns temos que vivir nese contexto". Deste xeito define Rubén Aramburu as relacións entre fe e nacionalismo. Unhas relacións complexas e mal definidas, que quizais deberían reformularse como fe e galeguidade ou fe e galeguismo.





30.5.07

agora xa sei como eres
é un pracer, de veras

29.5.07

dicíalle hoxe a m., o paciente de m. que escoita como falo e falo, sen interrumpirme, dicíalle que no verán remataron coa miña creatividade. eu antes escribiría unha reportaxe en pouco tempo, e coas ideas ben claritas. agora paréceme unha tortura enfrontarme ás páxinas en branco, e creo que teño exceso de material e moi pouco á vez. os medios de comunicación, tal e como está concebidos hoxe en día, xa non teñen sitio para a arte. é a eterna discusión xornalismo-literatura. eu xa non sei facer literatura coa realidade -se é que algunha vez souben-. xa non sei ser creativa. e miro para atrás, hai dous anos ata podería facer unha crónica dende a lúa se el ma pedise...

28.5.07

Marín é un auténtico desastre. De todas as elección nas que puiden votar, estas son as que máis me sorprenderon, e as que máis me asustaron. Non podo comprender os casos de Vigo, Pontevedra ou Compostela, por exemplo.
Pero é que o caso de Marín escápaseme das mans. PP, 8 concelleiros. PSOE, 6. BNG, 5. MAR-IN, 2. E son incapaz de comprendelo. De comprender por que suben o PP e o BNG, ou por que baixa MAR-IN. Supoño que se fará efectivo o pacto PSOE-BNG ao máis puro estilo Xunta. Seguramente non vivirei en Marín pra mirar como funciona, pero non vou negar a miña decepción.
(E mentres tanto, perfílase un destino para o verán. A ver se me queren...)

{Imaxe tirada da campaña do Colectivo Nacionalista de Marín}

25.5.07

en pé (desbarrando)

(aviso: o que vén a continuación parece sacado dun diario de adolescente)

si, onte arredor das 10 da mañá dixéronme muy majamente que me quitaban esa bota branca último modelo que me obrigaba a camiñar ao máis puro estilo parlamentario. Que felicidá, poder ver o meu pé, aínda moi inchado, e sentir cinco mil cravos -moi afiados- nel ao apoialo no chan.
en realidade, o día foi marabillosos ata iso das oito e media da tarde. facía moita calor cando fun ata o castiñeiriño. coñecín a tres persoas, incribles, que me falaron de loita veciñal, de compromiso cunha causa que ao principio me parecía pouca cousa, e que despois decubrín faraónica: conseguir mobilizar á xente pra loitar polos seus dereitos. Admirei, de certo, a súa forza, o seu empeño, e a súa vitalidade, trintaetantos anos despois.
Ao carón da parada de bus, alí no castiñeiriño, había unha floristería. Así que moi amablemente merquei unha flor pra ir levarlla (para camelar) a unha enfermiña ao hospital -que visita tan agradable, nena, que nin a "resaca" da anestesia é quen de quitarche o sorriso-.
E cando a tarde máis prometía, foi cando se chafou todo. Vin a estrea sen ti, -deixando de chamar a alguén a quen estades agardando que coñeza-, e despois non saín celebrar o do pé, porque chovía, entre outros motivos. Por que, dende hai xa un mes, non hai xeito de que os plans saian ben???

23.5.07

Despois de case un mes...

Non quería facerme ilusións. Non quero pensar que mañá sairei andando ao estilo Oko, e non ao estilo House. Non quero pensar que o debilucho do meu pé esquerdo está xa sandado, e pode facerse cargo de si mesmo. A saber que andarán a dicir mañá as radiografías de min, que lle dirán ao médico.
E polo de agora, van cambiando os plans. Estes últimos tres días están a ser un cambio de plans continuado. Quizais cambie Irlanda pola calor americana. Quizais cambie o nacionalismo cristián por unha historia máis concreta, desas que ata emocionan. Quizais cambie, incluso, toda eu, no decorrer das próximas (frenéticas) semanas. Non podo fastidialo agora, que xa non queda nada. Só teño que pensar que, en canto chegue á cinta da meta, só teño que rachala e seguir correndo. Este tren non o vou a perder, prometido. E que sexa o que Deus queira.

20.5.07

13º xeira de Xornalistiñas Afeizoados do país


Aí estamos, creo que todos. O acto foi perfecto, e non me cansarei de felicitar aos organizadores, aos presentadores e a X. polo seu discuros. Vídeos incribles, pra rir e chorar. Somos unha boa promoción, en xeral, ou iso creo. E non me vou a poñer a dicir cousas boas de todos estes catro anos, porque aínda non é hora de despedirse.
Só dicir que foi unha noite perfecta. Aínda que o meu pé esquerdo me odie. E que se me fixo curta, moi curta. Debería durar días, como as vodas xitanas. E que non puiden sacar o sorriso da boca dende onte pola tarde...

17.5.07

días de tranquilidade

Sair nun documental que me gustou mogollón (aparición superpopera), ou pasar todo o día durmindo, e que a máxima relación coas persoas sexa mediante o ordenador. Ter o pé así descubriume o pequeno placer (forzoso) da tranquilidade.
Tamén subir á noria e comer un pouco de algodón de azucre. Este é o primeiro en catro anos que non saio na Ascensión. Pero resérvome para o sábado...


nota: ten güevos oir falar a nenos de la Koru do acento pechado dalgúns sitios...
nota2: si, o que hai pola parte de atrás do xeso é un poema. por diante teño xoaniñas, unha G, varias flores, unha media lúa tunecina e máis as botas de charlot e un par de ollos. Todo obra dunhas cantas señoritas... e aínda o branco que queda...

15.5.07

A. métese comigo, e di que cando me quiten o xeso vou ir directa á T4. Pero agora só podo pensar en que mo quiten, que mo quiten , que mo quiten...

12.5.07

Galletas de chocolate

Cheguei a Compostela a iso das dez da mañá e agardei a que A. espertase. Almorzamos galletas de chocolate, das mellores galletas de chocolate do mundo. Contáballe mentres a A. cantísimo me encantaran as dúas entrevistas que fixera o día anterior. Contáballe da Teoloxía da Liberación, das comunidades de base e do nacionalismo cristián.
A., en realidade, non me facía moito caso porque estaba nerviosa: horas despois había ser o seu acto de licenciatura. Prométolles que as nenas estaban tan lindas que non me cansaba de mirar pra elas. Berramos moito, aplaudimos máis aínda, incluso nos emocionamos e choramos -un pouco, non vaian crer-. Esta semana é o noso. Non sei como resultará, pero só de pensar o pouco que queda pra xuño, póñome tan triste...

8.5.07

proust?

Zv convídame a responder a estas preguntas. Vaia, algunhas son dificilísimas, sobre todo porque unha nunca se plantexa cal é o principal rasgo do seu carácter, por exemplo, ou que feito militar admira máis. Complicado, de veras. As que non saiba, tentarei non deixalas en branco...

  1. O principal rasgo do meu carácter: a despreocupación -con medida-, e o carácter máis ben voluble
  2. A calidade que prefiro nun home: que me faga pensar e rir, e que sexa auténtico
  3. A calidade que desexo nunha muller: hai que diferenciar???
  4. O que máis aprecio nos meus amigos: que digan sempre o que pensan
  5. O meu principal defecto: o carácter máis ben voluble, o pesimismo dalgúns días
  6. A miña ocupación favorita: buffffff, non saberìa dicilo. Teño moitas, depende da época, do momento
  7. O meu soño de dita?: pensar no futuro que me agarda, que aínda está por decidir
  8. Cal sería a miña maior desgracia?: a frustración. Non chegar a estar ben comigo mesma en calquera dos eidos da miña vida
  9. Que quixera ser?: iso aínda está por decidir...
  10. Onde desexarñía vivir?: teño que probar con moitos sitios antes de decidilo...
  11. A cor que prefiro: o negro, dende nena
  12. A flor que prefiro: as rosas vermellas, dende nena (especialmente as da miña casa)
  13. O paxaro que prefiro: Ícaro, porque o home tamén pode voar
  14. Autores preferidos en prosa: Morey, Cortázar, Camus... (eu que sei?hai que telos???)
  15. Poetas preferidos: Huidobro, Salgado, Do Cebreiro... (bufffff, repito a pregunta de antes...)
  16. Os meus heroes de ficción: ammm, sempre me gustaron os superheroes espilidos, coma Lobeto, Besta, Spiderman... pero é por un rollo máis ben físico, eu creo...
  17. Os meus compositores favoritos: son unha ignorante musical con todas as letras
  18. Os meus pintores predilectos: Dalí, Corot, Frida... (non sepoden dicir fotógrafos?)
  19. Os meus heroes da vida real: moitos e ningún á vez. Os indíxenas que levan loitando séculos polos seus dereitos (en moitas partes do mundo), por exemplo
  20. Os meus nomes favoritos: Tegra, Siria, Fiz... (hai máis, pero son os que se me ocorren)
  21. Que detesto máis que nada?: o odio e a maldade gratuítos, a mentira. Tamén cousas máis frívolas, como que me toquen as unllas, ou ter unha aperna enxesada
  22. Que carácteres históricos detesto máis?: polo xeral, os vencedores, que son os que contaron a historia tal e como nós a sabemos
  23. Que feito militar admiro máis?: ningún, creo
  24. Que reforma admiro máis?: ningunha, creo. Todas levaron a demasiada xente por diante
  25. Que dons naturais quixera ter?: non me plantexo ser diferente do que son. Ou acaso me conduciría algo? Neste aspecto, pragmatismo absoluto
  26. Como me gustaría morrer?: sen dor. Dá igual como e onde, pero sen dor
  27. Estado presente do meu espírito: hoxe, gris. Debe ser polo de ser temporalmente un parasito con muletas
  28. Feitos que me inspiran máis indulxencia: que alguén faga algo mal sen querer (é que a min tamén me pasa...)
  29. O meu lema?: vai un morrendo, vai aprendendo
Por favor, non me mandedes máis memes, de verdá, que co mal que se pasa...

5.5.07

xa sabes,


teño certos problemas de mobilidá. senón, correría con todas as miñas forzas para chegar axiña e darche unha aperta. nunca se sabe ben que dicir. eu solo quero ver que cos ollos, a pesar do cansancio e da tristeza, me digas que estás ben.
o que non fai falla lembrar é que estamos aquí para o que precises, cando precises. nunca pechamos a porta
e canto se che botou de menos, meu amor

4.5.07

let me be the only one to keep you from the cold



come into these arms again and set the spirit free

recuperando a banda sonora orixinal da miña infancia. miña irmá maior fíxome aprender a letra desta canción para que puidesemos cantala a dúas voces. non sabía nin que dicía.
é, dende logo, parte da historia de amor máis bonita xamais contada

3.5.07

dor no pé

ten razón madeleine. agora debería encabeza o meu blog dicindo -e cito textualmente-:

"era imposible mirar seguido pró chan unha noite de troula e non sentir, logo dun espasmo gravitatorio, unha dor no pé"

odio depender de todo o mundo, perder parte desa independencia cotiá que tan pouco valoramos. odio non poder ir á quintana a ler, hox que non chove, ou baixar a dar unha volta ou tomarlle algo á noitiña. quizaié que veu isto no momento xusto, para relaxarme un pouco e pensar. pero non, nohn quero, eu quero estar ben, e baixar o venres, e saír o sábado, e non ser présa fácil -ou si- pra ninguén....

o que daría por ter o pé curado, como o tiña antes....





1.5.07

quen dixo nena-punk?

agora son nena-muleta!!!

(anque chova, anque vente)