Zv convídame a responder a estas preguntas. Vaia, algunhas son dificilísimas, sobre todo porque unha nunca se plantexa cal é o principal rasgo do seu carácter, por exemplo, ou que feito militar admira máis. Complicado, de veras. As que non saiba, tentarei non deixalas en branco...
- O principal rasgo do meu carácter: a despreocupación -con medida-, e o carácter máis ben voluble
- A calidade que prefiro nun home: que me faga pensar e rir, e que sexa auténtico
- A calidade que desexo nunha muller: hai que diferenciar???
- O que máis aprecio nos meus amigos: que digan sempre o que pensan
- O meu principal defecto: o carácter máis ben voluble, o pesimismo dalgúns días
- A miña ocupación favorita: buffffff, non saberìa dicilo. Teño moitas, depende da época, do momento
- O meu soño de dita?: pensar no futuro que me agarda, que aínda está por decidir
- Cal sería a miña maior desgracia?: a frustración. Non chegar a estar ben comigo mesma en calquera dos eidos da miña vida
- Que quixera ser?: iso aínda está por decidir...
- Onde desexarñía vivir?: teño que probar con moitos sitios antes de decidilo...
- A cor que prefiro: o negro, dende nena
- A flor que prefiro: as rosas vermellas, dende nena (especialmente as da miña casa)
- O paxaro que prefiro: Ícaro, porque o home tamén pode voar
- Autores preferidos en prosa: Morey, Cortázar, Camus... (eu que sei?hai que telos???)
- Poetas preferidos: Huidobro, Salgado, Do Cebreiro... (bufffff, repito a pregunta de antes...)
- Os meus heroes de ficción: ammm, sempre me gustaron os superheroes espilidos, coma Lobeto, Besta, Spiderman... pero é por un rollo máis ben físico, eu creo...
- Os meus compositores favoritos: son unha ignorante musical con todas as letras
- Os meus pintores predilectos: Dalí, Corot, Frida... (non sepoden dicir fotógrafos?)
- Os meus heroes da vida real: moitos e ningún á vez. Os indíxenas que levan loitando séculos polos seus dereitos (en moitas partes do mundo), por exemplo
- Os meus nomes favoritos: Tegra, Siria, Fiz... (hai máis, pero son os que se me ocorren)
- Que detesto máis que nada?: o odio e a maldade gratuítos, a mentira. Tamén cousas máis frívolas, como que me toquen as unllas, ou ter unha aperna enxesada
- Que carácteres históricos detesto máis?: polo xeral, os vencedores, que son os que contaron a historia tal e como nós a sabemos
- Que feito militar admiro máis?: ningún, creo
- Que reforma admiro máis?: ningunha, creo. Todas levaron a demasiada xente por diante
- Que dons naturais quixera ter?: non me plantexo ser diferente do que son. Ou acaso me conduciría algo? Neste aspecto, pragmatismo absoluto
- Como me gustaría morrer?: sen dor. Dá igual como e onde, pero sen dor
- Estado presente do meu espírito: hoxe, gris. Debe ser polo de ser temporalmente un parasito con muletas
- Feitos que me inspiran máis indulxencia: que alguén faga algo mal sen querer (é que a min tamén me pasa...)
- O meu lema?: vai un morrendo, vai aprendendo
5 comentários:
esquencin un nome que me encanta e que non puxen: anisia. e seguro que se me olvidan mil cousas máis. saiban desculparme!!!
todo moi ben, pero...
¿como que non admira ningún feito militar??? pssssss que poco española!!
"O paxaro que prefiro: Ícaro, porque o home tamén pode voar"
Gustoume
Pois dánselle moi ben os memes :)
:)
Enviar um comentário