28.5.07

Marín é un auténtico desastre. De todas as elección nas que puiden votar, estas son as que máis me sorprenderon, e as que máis me asustaron. Non podo comprender os casos de Vigo, Pontevedra ou Compostela, por exemplo.
Pero é que o caso de Marín escápaseme das mans. PP, 8 concelleiros. PSOE, 6. BNG, 5. MAR-IN, 2. E son incapaz de comprendelo. De comprender por que suben o PP e o BNG, ou por que baixa MAR-IN. Supoño que se fará efectivo o pacto PSOE-BNG ao máis puro estilo Xunta. Seguramente non vivirei en Marín pra mirar como funciona, pero non vou negar a miña decepción.
(E mentres tanto, perfílase un destino para o verán. A ver se me queren...)

{Imaxe tirada da campaña do Colectivo Nacionalista de Marín}

8 comentários:

ghanito disse...

Vendo ese cartaz aproveito para fachendear: Eu tiven a honra de actuar nun concerto no que actuaba tamén Suso Vaamonde :-)

chicharosucks disse...

ola!tunai paso pola túa casa e falamos da apoutelipse!ai!acábome de cruzar con el de novo, que riquiño é! gañou unha nova fan de goodvillage! xa falamos amor que estou desexando verte lucindo perna again!

Anónimo disse...

En fin... non hai comentarios sobre o que pasou en Marín pero coñecendo como se levan o psoe e o bng aquí... o pacto se fará para gobernar pero dalle tempo e acabarán botándose os trastos á cabeza.
Nos plenos nunca faltaron os insultos do BNG ó PSOE, a MAR-IN e ó PP. Aquí os nacionalistas son antitodo, rabudos como eles sós. Eu non lle vexo futuro a un pacto a non ser que cambien a súa actitude. Se seguen así... auguro problemas!

Mr Tichborne disse...

deixando a pulítica e falando de cousas importantes: que tal esa perna?

oko disse...

que sorte, ghanito!
chiv¡charosucks, eres unha mala influencia, por moito que te consideres celestina!
anónimo... quen eres??? -próeme a curiosidade-
señor tichborne, vai mellor, xa camiño sen muleta ningunha, e só doe ás veces. en breve, xa andarei por aí saltando e correndo!!! gracias por preocuparse!!!

Anónimo disse...

coñecesme, pouco pero sabes quen son.
retrotraete ás prácticas do verán pasado... son a única que estivo alí que non estaba na túa clase
xa ves... fedellando encontrei o blog
agora estou traballando en marin cubrindo unha baixa desde hai tres meses, asi que creo que xa queda pouco por estas terras
bicossss

non firmo porque o ordenador do traballo non sei por que demo non me deixa

Anónimo disse...

por certo... N. (unha das persoas que traballaba no sitio no que coincidimos) cambiou para a competencia... agora temola con nos ainda que eu non a vexo porque estou na delegación

oko disse...

pois garcias pola visita!!! e saúda a n da miña parte!!!