12.5.07

Galletas de chocolate

Cheguei a Compostela a iso das dez da mañá e agardei a que A. espertase. Almorzamos galletas de chocolate, das mellores galletas de chocolate do mundo. Contáballe mentres a A. cantísimo me encantaran as dúas entrevistas que fixera o día anterior. Contáballe da Teoloxía da Liberación, das comunidades de base e do nacionalismo cristián.
A., en realidade, non me facía moito caso porque estaba nerviosa: horas despois había ser o seu acto de licenciatura. Prométolles que as nenas estaban tan lindas que non me cansaba de mirar pra elas. Berramos moito, aplaudimos máis aínda, incluso nos emocionamos e choramos -un pouco, non vaian crer-. Esta semana é o noso. Non sei como resultará, pero só de pensar o pouco que queda pra xuño, póñome tan triste...

3 comentários:

Anónimo disse...

diossssss que guaperío! mm sobre todo a rapasa de perfl da segunda fila creo que é de piedrafita... é verdade, quen sei eu e máis tí non sae moi favorecido

;)

Anónimo disse...

Bueno muller, non te poñas triste porque xuño estea a achegarse. Hai que pechar etapas e abrir outras novas. Iso si, sempre (ou case) xuntos. Porque os xornalistas somos endogámicos, din por aí adiante.
Bicos!!

oko disse...

ides mirar canto choramos...