31.10.05

leonor

Puxéronlle Leonor, coma a grande Leonor de Aquitania. No seu haber de infanta, só agardamos que a Leonor de Borbón a historia lle reserve un lugar como a muller que puido reinar mais quedou trala barreira fitando pró xermolo da que será a nosa pequena III República. Benvidos, días do futuro!!!

30.10.05


Tu es l'horreur de la nuit
je t'aime comme on râle
tu es faible comme la mort

je t'aime comme on délire
tu sais que ma tête meurt
tu es l'immensité la peur

tu es belle comme on tue
le coeur démesuré j'étouffe
ton ventre est nu comme la nuit.

Georges Bataille

(Es o horror da noite/ ámote como agonizar/ es feble coma a morte / ámote como delirar/ sabes que a miña cabeza morre /es a inmensidade o medo / es bela como matar/ co corazón desmedido afogo/ o teu ventre está nú coma a noite)

Por fin, o prometido -algo tiña que poñer del-. Grande homenaxe. Foi unha mágoa perderse a cea. Este home uniu o nacionalismo e a fe nunha mesma bandeira, da que estar orgulloso!

26.10.05

Hai días nos que parece que fixeches mil cen mil cousas, anque soio teñas feito o de sempre. Co tema da Utopía e a Distopía aínda no aire ate o visto e prace do profesor correspondente, aínda queda facer o comentario arredor da persuasión en Julio César.
Sen máis novidade. Con pintas de terrorista (¿?), acusada indirectamente de pija, sen saber a ciencia certa quen é certa picariña, debendo unha entrada arredor dun home e descubrindo parecidos razonables na güé. Va que esta meniña se parece un algo a min?

24.10.05

Flipo!

En fin, a Dios gracias, nunca tiven unha!!! (Parece unha animadora americana nunha festa de pailáns pre-universitarios!) Chungaaaaaaaaaaa!

22.10.05

7 vírgenes para unha noite de venres. Pra continuar con cine, Julio césar. Despois, preparar entre libros unha débeda "literaria" e asistir a un acto con tintes políticos para celebrar o legado dun grande home. E mañá, migrar como certas aves...

21.10.05

Sapos!!!


Sapos!!! Sapos!!! Sapos!!!

Gárdovos rancor por quedar aquí o finde e non avisar antes, cachoperras! Si, si, vai por vós-as-tres!

Sapos!!! Sapos!!! Sapos!!!

Odio a L.A.!

Sapos!!! Sapos!!! Sapos!!!

E odio tamén as tendas de zapatos, e os trens, e non poder durmir pola noite, e os profesores que non escoitan, e as festas de cumpleanos ás que non vou, e as risas en plena gravación e a falta de puntualidade cando teño fame!

Sapos!!! Sapos!!! Sapos!!!


...

20.10.05

aham!

Pasolini e mais L.A. queren acabar comigo. Menos mal que herba mala... Agardo a que a señorita Caufield se anime e así se me quite este mal sabor de boca. E máis nada! Ás 10.30 no estudio coa Rebolo, grabación, Dios nos colla confesados!

19.10.05

Donde nadie nos ve


Donde nadie nos ve, para despois durmir cun ollo medio aberto por se aparece alguén do outro lado do espello. Discutir (entre burrada e burrada) cun compañeiro radiofónico por culpa dunha táboa informática, rematar con radio antes de que radio remate connosco, visitas inesperadas e agradables, traballiños arredor do César (están tolos estes romanos), arredor dalgunha reportaxe aínda por buscar, e todo o día metida neste edificio no que xa comezo a ter alucinacións, de tan branco...
En fin, todo será superado, agás o medo aos espellos... quizais esta noite teña que durmir
debaixo da cama... ou non!

18.10.05


no es verdad, oh ángel del amor, que en esta apartada villa, más alta la luna brilla y se respira... mejor?
(adaptación)

Adicado especialmente á miña investigadora favorita!

17.10.05


sae dunha vez da miña cabeza!

14.10.05


ata novo aviso péchase o telón
estanse a facer obras para o novo espectáculo
saiban disculpar as molestias

13.10.05

Con que ilusión se comezan algunhas cousas, e ate que punto poden chegar a aborrecer...
(E si, é imposible non mesturar o persoal)
Plan de hoxe: sentirse especialmente ben. Festivo ben utilizado, moitas horas de sono, gorxa un algo tocada, xornal, revista, telexornal na casa da das rastas, concerto na distancia de acid jazz (coas nenas e outra compaña pouco habitual), clase co novo profesor favorito, asistir a clase de políticas, non saír pola noite (malditas prácticas!) e pasalo moi moi moi ben coas cousas pequenas!!!

11.10.05

Un espectáculo nocturno. Sono en tres horas non consecutivas. Levantarme pra ir mirar un carteliño branco deses que tocan tanto as narices ás nove da mañá (non hai clase). Despois, reunión dos paf, fotonovela machista, discusións internas na faneca, enfados mal-disimulados, pantalóns de multinacional que non me sirven, fotos e máis fotos e máis fotos, escasa aclimatación á nova vida, hotrarios sen facer, traballos, textos, prácticas, xente boa que bota unha man, ás miñas rubias de rizos favoritas, no messenger cunha southamptomina, eu son "a outra", e teño moito sono e estou moi contenta de que alomenos estean elas aquí. E tamén que estea Yami!!!
E hoxe imos cantar e falar das soghras e das fincas con poso cun palillo entre os dentes... que ,áis se pode pedir á vida?
En fin...
...

8.10.05


"Era unha noite rotunda de agosto. Eu estaba deitado. Cando asomou sobre o horizonte traía o rostro cheo de sangue. Logo comezou a ascender, cada vez máis áxil e lixeira. Canto máis ascendía mudaba en máis limpa e transparente. Chegou a se vestir de lago de auganeve no medio e medio daquela noite ateigada de estrelas e silencio. Entrou no enmeigamento lene, doce, espida... nun prodixio... e daquela, traspasou o meu umbral e de vagar, dona de si mesma e incerta, foise achegando ao meu leito, esvarou ao meu lado e anegoume do seu resplandor e dos seus sorrisos. Posuín a lúa."

temos unha conta pendente

de lunar a lunar

7.10.05

Filosofía

Pregunteime que era Filosofía unha vez máis, antes de entrar na clase. Quen alí agardaba sentado tras da mesa do profesor, era un home pequeno, con barba e gafiñas de pensador. Polas mañás traía sempre un recendo a perfume que colonizaba durante cincuenta minutos a aula.
Todo o curso a preguntarme que dera o día anterior. Facendo que lle collese gusto aos presocráticos, a Aristóteles, a Descartes, a Kant. Grabar na memoria o mito platónico do amor. Obrigarme a pensar que era máis importante, darlle anos á vida ou vida aos anos. Rir coa teoría sobre os xornais deportivos e os xornais serios.
Ao chegar pola mañá foi o primeiro que me dixeron. A miña nai tíñalle aprecio do tempo no que viviran ao carón da pelu. Déranos clase á miña irmá e mais a min.
Morrera.
E eu fiquei queda, pensando, lembrando cada unha das súas clases. Lembrando todas as veces que dixera que era o mellor profesor que tivera nunca, que nunca houbera no instituto nin no pueblo. Sendo inconsciente do que significa a morte, porque é imposible afacerse á idea de que unha persoa poida desaparecer para sempre.
E agora, agardando a que a noite se faga aínda máis noite para poder repousar a imaxinación sobre a almofada, gardo a súa imaxe no fondo da memoria, para que non marche, para que faga pouso. Pensando que sempre foi un auténtico meigo. Envolvendo as súas leccións dunha aura de misterio, coa súa voz suave a contar os segredos do saber, convenceume de que só un bruxo podería facer maxia da filosofía
...

6.10.05

cuestión de ollos!


Chegar tarde a clase, sentar en primeira fila, que o profesor escriba o teu nome na pizarra, escoitar a frase do día: ti non pintas os ollos porque os tes moi grandes!!!
Despois tentar rematar un traballo que vai con moita demora. Explicarlle a un amigo que aos nenos non os traen as cegoñas, en realidade veñen por correo envoltos en papel de regalo. Rir diante dun filme de Pasolini porque Edipo semella ser estúpido.
Antes, enfadar a alguén por non respostar unha mensaxe, e ler un anónimo triste sen saber quen é.
Tamén, facer a matrícula, chamar a casa, doerte das costas, durmir a cachos, escoller a roupa, voltar ao pueblo, decidir como vos organizades para as clases prácticas, felicitar á amiga máis antiga.
Domingo, coller os bártulos e volta á capital-aldea.
Os ovos véndense por ducias.
Regalar un libro un algo macabro que non sabes se gustará. Con dedicatoria estraña.
Tamén estar leda pola carta dunha gaivota migratoria e pola volta de dúas ruliñas do sur.
Triste, quizais, por non ter novas aínda do noso lucense galo.
Non crer aínda que comezase o curso de novo. Ter grandes esperanzas de que este vai ser un moi bo ano.
Laiarte, ás veces, por caprichosa. Outras veces por parva. Buscar un oculista que che cure o cansancio retiniano. Falar en soños. Comer helado de chocolate en boa compaña. Mercar uns pendentes... ou non! Comezar a traballar para a Fanequiña.
Ter ganas de que sexa, todo o curso, como esta primeira semana
...

4.10.05

E estou triste por esa fuxida, por ese pensar que agora é diferente.
E estou triste tamén porque os días non duren mil horas e non sexa sempre a primeira semana.
E porque os demais non entendan ou non queiran entender. Por esto e quizais algo máis, estou triste hoxe.
E aínda non me parecen motivos suficientes
...