21.2.11

seiscentos cincuenta e un

chorar coma unha estúpida por un filme malo. niso fechas a fin de semana, na que nada importou abondo. só ela, a quen antes admirabas e agora xa é como da casa, como alguén corrente que se vai metendo no día a día através de liñas que chegan de alén mar, e que te emocionan tanto como facía moito nada facía
e si, que lindos ojos, malagueña. como el candor de una rosa
de maior quero ser poeta, digo algúns días. quero ser poeta e escribir cousas bonitas. así, con esta inxenuidade. quero ser poeta con el candor de una rosa


17.2.11

cidades

por culpa dun lector de vello desta casa, ando a preguntarme se terei algunha relación especial coas cidades nas que vivo. algo que saia do común
e venme á mente a marabillosa filipa leal, da que namorei fondamente no último festival de salvaterra ao que fun

A CIDADE ESQUECIDA


Ela disse: Sou uma cidade esquecida.
Ele disse: Sou um rio.

Ficaram em silêncio à janela
cada um à sua janela
olhando a sua cidade, o seu rio.

Ela disse: Não sou exactamente uma cidade.
Uma cidade é diferente de uma cidade
esquecida.

Ele disse: Sou um rio exacto.

Agora na varanda
cada um na sua varanda
pedindo: Um pouco de ar entre nós.

Ela disse: Escrevo palavras nos muros que pensam em ti.
Ele disse: Eu corro.

De telefone preso entre o rosto e o ombro
para que ao menos se libertassem as mãos
cada um com as suas maos libertas.
Ela temeu o adeus,disse:Sou uma cidade esquecida.
Ele riu.

3.2.11

o sol

baixo camiñando desde o traballo todos os días. unha hora. case sempre no punto exacto cruzo con el, e nos últimos días comezo a dubidar se de certo existe, se non será que só eu o podo ver
co pelo desordenado e a roupa rota e suxa, pero leva traxe, e camisa, e garabata, iso si. zapatos rotos e un libro moi grande debaixo do brazo. podería ser o código civil, un tomo de enciclopedia
ou unha novela de cabalerías
peor o título, en letras douradas, está roído de máis como pra poder lelo

invariablemente levanta os ollos do chan, mira pra min, e segue o seu camiño

e eu non sei que sentir