31.12.05

Boa entrada de ano!!!
{Ata a Noite de Reis (tomo un descanso lisboeta,. xa vos contaremos) que teñades moi boa primeira semana. E a pasalo ben, que a data préstase!!!}

30.12.05

Grande noite a de onte. Mágoa estar tan cansa e que rematara tan cedo
...

28.12.05


Chocolate con sabor a turrón. Visita ao tanatorio. Pai, que feo é ese sitio, eu quero que me deixes na casa. Que me enterres na horta, debaixo do limoeiro.
A estrada chea de coches cheos de presa. Non teño presa. Non teño ganas de volver ao frío.
Lisboa en inverno. As luces da outra beira do mar. O mar.
Dúas chamadas: era para falar do traballo. O partido. Coller o tren como cada domingo. O frío do interior.
Chocolate. Oculista. Mañá vou ao oculista. Lentes?
Acabar de ler o libro do rural. Herba. Casa baldeira. Leña para a cheminea. Non deixar morrer o lume.
Roupa nova. Vermello no fondo do armario. Medo no fondo do armario. Astillas nos dedos. Iogur de fresa con sabor a nada. Libros na lista de espera. Sono.
Mañá, día estraño. Azul, branco, azul, branco. Gris. Gris. Gris

...

  • O demo nos outeiros de Pavese
  • Amantia de Queizán
  • Bodas de sangre de Lorca
  • La casa de Bernarda Alba de Lorca
  • Velázquez de Ortega y Gasset

Alguén dá máis?

...
Acaso non é suficiente?
...

26.12.05

As festas do Nadal sempre me resultaron particularmente tristes. Máis aló do afán consumista, amosado, e con creces, no post anterior, pois iso, que non me aportan nada estas datas. Ademais, sempre relacionei Nadal con moito traballo, sobre todo no tocante a miña nai.
En fin. Este ano tocan despedidas. A de Lúa, que xa non volta máis, e a de Iria, que quen sabe se algún día voltará. Marín é un sitio moi pequeno. O único que me alegra un pouco estes días é poder cantar a dúas voces con mamá Nunha barca de Marín....

25.12.05

Agasallos de Nadal


Si, na miña casa somos máis dos Reis Magos, pero damos case todos os regalos polo día de Nadal, máis que nada porque nos mata a curiosidade. E o certo é que cada ano dicimos: bueno, xa somos todos grandes, cun detallito chega, e cada ano nos regalamos máis cousas.
Eu creo que levei moitísimo máis do que merezo. Este ano xa foi o acabose: dous bolsos (un deles na foto), unha cazadora, dúas camisetas, dúas chaquetas, os calcetíns rosas, tres libros, uns pantalóns e un pixama super-erótico-de-la-muerte (ten cuello barco!!!). Creo que non se me olvida nada. O toque friki deuno a miña nai, que mercou pensando en min o libro "El problema de Berlín. Ensayo de historia diplomática". Vamos, que me ten por unha culturetas. Ademais tivo o detalle de darme dous bolis negros, acordándose de que odio os azuis. O toque de humor, meu papá e miña irmá maior, co lapis de rá. A verdá e que son igualiña ao bicho ese!!!
En fin, o dito, que con tantas cousas, xa non sei por onde rematar. Que moitas graZas polos mensaxes e polos toques navideños. Ah! E que nos vemos no partido!!!

23.12.05

Bufff

Parece que pasou unha eternidade dende a última vez que posteei. Dende aquela, pasaron mil cousas. Unhas moi tristes, como que Lúa morreu, miña pobre. Mesturado con cousas ledas, como a volta dos meus meniños.
Achégase o Nadal, mais este ano é un poco agre: Iria emigra; xa se sabe, como neste País hai traballo pra todos e de calidade... Así que o Nadal vai a ser case coma unha pequena despedida. De seguro que mañá non vou poder escreber nada, que hai que axudar a mamá e botar unha man na casa. Así que, se non nos miramos, pasen vostedes un feliz día de Nadal. Se son bos, quizais lles encargue aos Reis algo pra vostedes, que ando atarefada en escribirlles a carta. A ver se me traen algún cadeliño, que se ve a casa moi triste
...

19.12.05

Volvendo á realidade...

Rematado xa o traballo utópico, por fin, xa case sen tempo apuramos os outros dous para deixar o traballo repartido para o Nadal. Orgullosas, iso si, do resultado, que non dá chegado o momento de velo en papel.
Atravesado, creo, o Bache, o Bache con maiúsculas, disposta a comezar unha semana de duro traballo pero na compaña das (e do) que volven!!!! Cantas ganiñas de escoitalos en directo.
Rememorando o grandísimo da Xantanza, e tristeira porque Lúa xa non dá máis de si, e agarda co soro metido na patiña cos ollos baleiros...
Si, quizais haxa mil motivos para sentirse mal, triste. Mais tamén hai outros moitos polos que sentirse afortunado. Que sorte tervos aquí, miñas nenas!

16.12.05

Capítulo cómico no aeroporto: ata os nenos se rían de nós. E é que non tiña claro se era polos globos mods ou polos carteliños de colorines de : RAPARIGUINHA-BENVIDA A CASA!!!
En fin, que o pasamos moi ben, aínda que da noite non se poida dicir o mesmo. O único bo: gañar unha camiseta e unha mochililla de propaganda nun concurso de parellas (tocoume ser a moza de chucky, odio esto dos títulos). E mais nada. Piropos pola entrevista a Lehia, aburrirse na clase de L.A. e agora visita a Caufield, invalidada polos malos vicios, e traballar un pouco. Mudan os plans de durmir a sesta porque o concerto é as sete e media. Vaia día!
Por certo, algún de vostedes probou algunha vez o vodka de bisonte e mais de maría????????

14.12.05

Utopía, Distopía


Despois de todo este traballo, queda claro que non son utópica. Que disto moito de calquera concepción positiva do mundo. Que penso que o mundo se está indo á merda, nunha palabra. Que o mundo de medios no que vivimos, nos manipula sen que nos deamos conta (porque senón non sería manipulación, claro). Que non é preciso que nos condicionen de nenos para que sexamos tan torpes e tan ignorantes na nosa suposta felicidade. Que ao ritmo ao que imos, non sería difícil rematar nun terrible e inmenso 1984. Que, aínda así, descubrín con placer que a universidade aínda sirve para aprender. E que a verdade, de certo, nos fará libres.
E máis nada
...
p.d: e saben unha cousa? escollimos este tema pola sonoridade de distopía! E que ben nos saiu a cousa!!!

10.12.05



Gracias ao lido noutro Ollo, xa sei dicir (neste caso escribir) o meu nome en máis linguas:

Ollo Oko Olho Ull Begi Ojo Eye Occhio Oculus Oeil

Lúa xa está mellor. Dopada, pero mellor. Graciñas por preocuparse

9.12.05


Non sei se lles falei algunha vez de Lúa. Lúa é o máis lindo que hai na miña casa, como vostedes mesmos poden observar. Hai uns meses, na primavera, diagnosticáronlle un cancro. É xa algo vella, certo, mais nunca antes estivera enferma. Hoxe fai tres días que non come apenas. Nin sequera iogures. Só bebe auga, e nada máis. Ás catro e media lévoa á veterinaria. A ver que di. Mentres, observamos como dá voltas pola horta, cos ollos tristes, e senta cansa en calquera recuncho. Parece que xa non queda nada por facer
...

8.12.05

O ollo triste

Hox o ollo está triste. Apesares da ledicia de topar un enlace nun dos blogs que máis lle gustan (moitas graZas, señor Petit Poyon), está triste. O que pasa que lle ode demasiado a retina como para poder chorar. Así que o ollo non chora, pero está triste. E ten moito que traballar nun proxecto que xa se fai eterno, e bota de menos aos que están lonxe e non tan lonxe, e xa sabe que non queda nada, pero iso non o consola.
O ollo, demasiado canso pra poder escribir en-por-si, dime que colgue eu algunha imaxe linda para aledalo un pouco. E eu, emisaria, tómome a licencia de facer un paradoxo infantil, e así animar un pouco a ollada cansa de quen me envía
...

7.12.05



PERDOA

5.12.05

Gosto do meu corpo cando está co teu


Sinto repetirme. Hox, non sei por que, voltei lembrar este poema.
Lindo, verdá?
E máis nada.
Hoxe corteille o pelo a mamá.
E tamén fun borde e porteime mal. Pero gustáronme algunhas cousas que me dixo ciberneticamente un paxariño.
Boa noite a todos. Vou cear algo
...

A araña vermella

Onte matei unha araña vermella no teito do cuarto da miña irmá. Aplasteina cun exemplar en galego de Crime e Castigo. Todo o peso da literatura rusa sobre o corpo. Quizabes sexa un xeito fermoso de morrer, non o sei.

E é que hox non sei tantas cousas... e sinto tantas cousas... E teño tanto tempo pra pensar e tan pouco pra facer nada...
Síntoo
síntoo
síntoo


nesta casa hai demasiado silencio



morte
...

3.12.05

E ese será ao final, o destino da miña estirpe. Agardar soa na auga a que chegue o día. Garza ou grou, que dicía o poeta. Ou un heroe calquera. Eu quero ser ese de maior, pai, eu quero ser ese. E tristura e frío. E ser e non ser e unha mestura de froitas que non sei se funciona ou se se estropeará o sabor de ambas. Cantas cousas por dicir e que pouco tempo. Garza ou grou. No meu país imaxinario Koala. Ás veces morcego. Mistura de laranxas e medias laranxas (asasinato) que bailan na miña cabeza como bailan as cifras diante dos ollos cando hai sono. El miedo a la libertad de Fromm. E ese quen é? O fillo, é o fillo. Fromm, o fillo de Fromm. Notas en azul celeste dende Bemvibre, ou como raio se escriba. Quero saber como estás, nena, que te boto de menos. Eu tamén me sinto culpable. eu tamén descubro día a día os meus defectos. Aprendo a vivir coas miñas maldades. Co pecado orixinal de ser quen son e non saber cambiar. Bótote de menos, miña meniña. E máñá, mañá di a rapaza dos ollos fermosos que vas estar aquí. E mañá non dá chegado. E vai moito frío fóra e dentro e non estás, non está ninguén, ninguén que veña a salvarme dos meus medos de nena, a salvarme de min mesma. Ao carón da porta segue a estar a sombra que me fala dende sempre. Non ten cara e agora quéroa tanto que os días que non está, estráñoa.
Moito odio, a todos e a todo. Agardo con impaciencia a que maduren os kiwis da alacena. Os kiwis que deixei alá. Piuuuuuuuuuu piuuuuuuuuuu piuuuuuuuuuuuuuuuuu... se agudizo o oído, semella que podo escoitar a resposta... non hai fronteiras
piuuuuuuuuuuuuu piu piu piu piu piuuuuuuuuu piu piu piuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu piuuu
...

París...

Incrible o hostal. Fermoso, con todas as letras. Incrible. Estades apapostiados ou que? (faise duro que che diga iso un dos homes máis grandes do País). Ramón Ramonet. Ignacio Chao. Chisposos? Divertidos? Ás veces, unha acaba decepcionada. Ao decatarse que a vida é moitas veces cuestión de sorte, e non de esforzo ou de talento. Quizais algún día chegue a miña oportunidade. Mentres, seguirei admirando á Muller(que é a muller da miña vida, e non outra), admirando ao seu parentesco, e admirando o Talento.
A verdade, deixa todo isto un sabor agridoce. Porque sei que o futuro que se me presenta non será tan brillante como o destas persoas. Que non haberá quen queira escoitar as miñas historias nunca, porque ninguén escribirá sobre min con ademiración. Quizais o estigma da miña pele sexa servir de apoio para que os que camiñan parellos a nós poidan chegar máis arriba.

2.12.05

Bueno, xa está. Entrevista fóra. Pola tarde, Ramonet (o home que o sabe todo). E pola noite, outravolta traballar no de onte, no de toda a semana, e coido que no de todo o mes. Maldito o día que dixen que era pouco traballo. Bendito o día que escollín ese libro e non outro. Estou a decatarme dos meus propios defectos nel.
E mais nada.
...

1.12.05

Grandiosa tarde: a nosa entrevistada debe de pensar que temos unha tara mental, que non somos normales, que tomamos algún tipo de substancia aínda descoñecida e con efectos trinómicos... (isto nos suborda, que diría certo porco)
En fin, ao que ía, que si aínda así accedeu e vai vir o venres, estarémoslle eternamente agradecidos...
E nada máis. Ah, si. Estou sumamente cabreada por certa persoa que andaba hoxe pola facultade e que non me saudou. A próxima vez, evitarei ser maja cos meus asuntos profesionais, aínda que gañe a fama de cardo borriquero!!!!!!!!!!!!!!!!!!