19.12.05

Volvendo á realidade...

Rematado xa o traballo utópico, por fin, xa case sen tempo apuramos os outros dous para deixar o traballo repartido para o Nadal. Orgullosas, iso si, do resultado, que non dá chegado o momento de velo en papel.
Atravesado, creo, o Bache, o Bache con maiúsculas, disposta a comezar unha semana de duro traballo pero na compaña das (e do) que volven!!!! Cantas ganiñas de escoitalos en directo.
Rememorando o grandísimo da Xantanza, e tristeira porque Lúa xa non dá máis de si, e agarda co soro metido na patiña cos ollos baleiros...
Si, quizais haxa mil motivos para sentirse mal, triste. Mais tamén hai outros moitos polos que sentirse afortunado. Que sorte tervos aquí, miñas nenas!

5 comentários:

lehia disse...

Ei, alégrame que vos fora ben coa radio, contade comigo para o que precisedes, e agardo que mañá vos podades pasar pola festa de futbolgalego.net polo curruncho, e asi despedimonos até o ano que ven que eu o xoves marcho a madrid, mil bicos de cores

ohqtordv disse...

estivo ben o encontro ollo-con-ollo.

mima á lúa.

Anónimo disse...

Cada dia me haces cosas mas raras jeje!!!
Asi que te has mudado y no me has dicho nada?? Q sepas que me parece fatal!!!!
Bueno, no me dio tiempo a leer todo lo que escribes, que por cierto cada dia entiendo menos y eso que ya son años!!
Bikiños
Diana

LIARIÑA disse...

mmmm que ben que estén aquí, non sí?¿ moimoimoi bennnn, non hai nada máis que dicir.

ah, por certo, un placer facer o traballo na túa compaña. Bios wapísima

oko disse...

Agardo que saiba vostede disculparme, señora Lehia, por non poder acudir ao evento. Que pase un moi bo Nadal, agardo vela á volta!

Señor Ollo da Vaca, xa sabe vostede que foi un auténtico pracer coñecelo.

Señora Diana, agardo poder vela algún día durante o Nadal. Sorpréndeme que tantos anos despois aínda a siga sorprendendo. Debe de ser cousa do amor que nos profesamos...!

Liariña, traballar na súa compaña foi tamén un pracer para min. E lémbrolle que aínda temos para Xaneiro tres traballiños xuntas.
E si, que ben se está cando os amigos andan pola casa, verdá? Danlle ganas a unha de retelos aquí para que non marchen de novo!!!