25.12.05

Agasallos de Nadal


Si, na miña casa somos máis dos Reis Magos, pero damos case todos os regalos polo día de Nadal, máis que nada porque nos mata a curiosidade. E o certo é que cada ano dicimos: bueno, xa somos todos grandes, cun detallito chega, e cada ano nos regalamos máis cousas.
Eu creo que levei moitísimo máis do que merezo. Este ano xa foi o acabose: dous bolsos (un deles na foto), unha cazadora, dúas camisetas, dúas chaquetas, os calcetíns rosas, tres libros, uns pantalóns e un pixama super-erótico-de-la-muerte (ten cuello barco!!!). Creo que non se me olvida nada. O toque friki deuno a miña nai, que mercou pensando en min o libro "El problema de Berlín. Ensayo de historia diplomática". Vamos, que me ten por unha culturetas. Ademais tivo o detalle de darme dous bolis negros, acordándose de que odio os azuis. O toque de humor, meu papá e miña irmá maior, co lapis de rá. A verdá e que son igualiña ao bicho ese!!!
En fin, o dito, que con tantas cousas, xa non sei por onde rematar. Que moitas graZas polos mensaxes e polos toques navideños. Ah! E que nos vemos no partido!!!

4 comentários:

O'Xirarei disse...

Necesito contalo: señora, miña nai tenme por un bohemio e agasalloume cunha bandoleira que me lembra irremediabelmente á que ten certo persoeiro de enguedellados cabelos brancos!. Bravo! (e boas festas)

MelroPreto disse...

Mágoa da alfombra ou do carro, non é?
No entanto, hai quen investiga na liña certa.


...

OdiO

P.S.: moito obrigado polo correio. sen sabelo, era o precisado

Subcomediante H disse...

Emprestas-me o livro? Parece apaixonante :-)

Feliz solstício de inverno... e foi um prazer conhecer-vos a ti & colegas no jantar do blogmilho, apesar de que nom pudemos falar nada.

oko disse...

Ai, O'Xirarei, que ben o coñece a súa nai...!!!

Señor Melropreto, a postal era o mínimo co que podía agasallalo. Seguiremos investigando...

Señor Subcomediante H, tamén pra nós foi un pracer compartir xantar con vostede. Agardo que no próximo poidamos falar unha migalla!!!
Boas festas a todos!!!