8.12.05

O ollo triste

Hox o ollo está triste. Apesares da ledicia de topar un enlace nun dos blogs que máis lle gustan (moitas graZas, señor Petit Poyon), está triste. O que pasa que lle ode demasiado a retina como para poder chorar. Así que o ollo non chora, pero está triste. E ten moito que traballar nun proxecto que xa se fai eterno, e bota de menos aos que están lonxe e non tan lonxe, e xa sabe que non queda nada, pero iso non o consola.
O ollo, demasiado canso pra poder escribir en-por-si, dime que colgue eu algunha imaxe linda para aledalo un pouco. E eu, emisaria, tómome a licencia de facer un paradoxo infantil, e así animar un pouco a ollada cansa de quen me envía
...

2 comentários:

ohqtordv disse...

non é por meterme no medio, e moito menos nun "medio" que non é meu medio...

pero case parecía que falabas de min...

é o que ten a literatura... cada un lea como pode, como sabe, como precisa.

xa está posta a ligazón cara a aquí naquel ollo :-)

oko disse...

Xa saberá vostede, señor Ollo da Vaca, que somos moitos os ollos que vagamos por este mundiño. E ás veces andamos algo tristeiros.
Agardo que se anime, aínda que é un rumor estendido que as vacas sempre teñen ollar triste.
Moitas graZas pola ligazón, correspóndolle como é debido!!!