26.2.06

Antroido...


Para quen dubide, esa foto é dun ollo disfrazado de flor. O resto é todo un decorado. Os ollos non temos casa

24.2.06


Cando me din de conta alí estaba Ela. Dúas veces, e moito máis terrible a segunda. Ela fíxome arroxar. Fíxome sentir mal. Fíxome dubidar. Pra que?
Coma unha mancha na retina, aínda non conseguín sacar a súa ollada da miña memoria...
(A de onte foi tamén unha noite de boas compañas. Extraña, iso si. Diferente...)

23.2.06

Aclaracións sobre os koalas...

  • Cando era pequena tiña enganchado da cortina un koala pequeniño de color gris. Era moi bonito, anque non xustifique o seu parecido comigo actualmente. Supoño que a mala leche dos koalas cando se enfadan si pode ser análoga. (Por certo, Madeleine indica que tiña un flotador de koala. Todos tivemos algo de koalas de cativos?)
  • A prenda íntima que teño con koalas son uns calcetíns morados. Son preciosos e por dentro teñen como pelo de toalla. Cando teño os pes fríos son o mellor invento do mundo.
  • Os koalas foron durante moito tempo os meus animais favoritos, pero por discrepancias en cuestión de gustos, foron substituídos polos morcegos, que só comen ratos e insectos.
  • Os koalas teñen tanto dereito como calquera outro bicho a ter un sitio propio: Koala Lumpur . Foi unha chorrada, pero unha chorrada da que me sinto orgullosa.
  • O comentario de Mr. Tichborne levoume a querer saber máis sobre os koalas. Durme 22 horas diarias, cousa que eu faría se me deixasen. Ademais, cando nace pesa cinco gramos. O das prácticas sexuais non o dei atopado. Pero estou segura de que quen me chamou koala tamén o descoñecía.

18.2.06

Koala


Hai quen me comparou cun koala. Seica cando os animaliños se enfadan dan medo de verdá. O caso é que me lembrei agora do asunto, e pregunto: cren vostedes que uns bichiños tan xeitosos -o animaliño e mais eu- podemos ser tan terribles???

16.2.06

Pau,


Hoxe recibín a túa carta. Por primeira vez dende que marchaches, era como terte diante mentres a lía. Sabes o que penso e o que sinto. As ganas que teño de verte, de falar contigo. Xa sabes como son os meus enfados: chegan tan axiña como marchan. O único que quero agora é ter nas mans ese billete destino a Roma, para poder facer como se non pasase nada, coma se estivesemos onda sempre, xogando ás cartas ou ríndonos dos demais.
Quería responderche, enviar unhas liñas coa miña letra de colexio de monxas, pero non sei se debera facelo ao enderezo que me remites. Por correo electrónico é tan frío, que pensei que o que máis che gustaría sería lelo aquí, neste caderno. Xa sei, ti mereces unha e mil entradas só pra ti. Para comezar vai esta.
Miña nena, dentro de pouco terás a tres almas perdidas vagando por Roma. Prometido...

hoxe non puiden cortar o pelo

e estou triste (sen saber por que)

creo que me estou a facer maior

14.2.06

Hai xente que dá noxo. Xa daban noxo indirectamente, e máis se os tratas en persoas. Douche un cero con cinco máis, pero sendo xeneroso. Puiden dicirlle que o metera por onde lle dese a gana, pero hai quen aínda lles temos respeto aos profesores, mal que pese.
Non obstante estou contenta, conseguín esquencerme un pouco del e poñerme a darlle os toques finais ao famoso traballo de Medio Rural. Sabían vostedes que das 30.000 entidades de poboación que temos no país, 935 viven en zonas denominadas de Interese Comunitario pola súa biodiversidade? A verdade, é un tema moi interesante... (evítense comentarios chamándome culturetas ou semellante!)

13.2.06

Alguén se decatou algunha vez do inxustos que son os exames?
Pois ben, despois de tantísimo estudar para un, hoxe decátome de que moit@s que sabían bastante menos ca min teñen unha nota parella ou ate mellor que a miña.
Iso é o que pasa cando un profesor pregunta por materia que non se impartiu. Como a eles lles pagan igual a final de mes... Pois se non sabe ser profesor, que busque outro traballo!!!

12.2.06



Canto máis estudio para esta materia, máis amo a Camus. Fascíname todo o que escribiu.
Mal que me pese recoñecelo, estou a aprender moitísimo deste home. Iso si, nada relacionado coa Historia do Xornalismo!!!

8.2.06





Que opina vostede da concentración parcelaria en Baviera?

7.2.06


Seguindo a petición de Iria, aí van as miñas manías:
  • Gárdoo todo, todo e máis, sobre todo folletos, papeis, trípticos... sempre teño á miña nai detrás berrándome por iso
  • Encántanme os lapis, de todos os tamaños e cores. A miña mellor adquisición é un lápis polaco pintado a man de tamaño considerable
  • Non soporto os libros (de lectura, non de clase) anotados, ou coas páxinas dobradas, ou mal coidados. Para min son obxectos sagrados
  • Odio as faltas de ortografía, non tanto nos textos mecanografados (todos somos humanos) coma no que se escribe a man. Póñenme mala, e danme ganas de tachalos mil veces en vermello
  • Cando estou nerviosa, non paro de mover as mans, e necesito ter algo nelas para movelo, darlle voltas, facelo soar, etc
Supoño que se me quedan mil atrás. Pero é que ademais teño unha memoria prodixiosamente selectiva, sobre todo para pensar as cousas de inmediato
...

4.2.06

Onte, cando cheguei a casa, había algo agardando por min. Era un sobre pequeno co meu nome escrito a lapis nunha letra enorme. Abrino, e dentro había un poema escrito a man nun folio verde, cunha letra máis ben irregular. Estaba sen asinar
O certo é que me importou ben pouco quen mo mandara, aínda que mo dixera meu pai dous minutos despois
Hai que ver o ben que sentan os pequenos detalles cando chegan así por sorpresa
...

Onte volvín cortar o pelo. Faime sentir ben
...

PAPER-MATE


Prometinllo ao Frioleiro. E el prometeu un comentario. Só por recoñecer un boli Paper-Mate. É algo tan friki? Acaso non é un boli magnífico?

1.2.06


onte foi un día estupendo
hai veces que ata se teñen ganas de estudiar
...