16.2.06

Pau,


Hoxe recibín a túa carta. Por primeira vez dende que marchaches, era como terte diante mentres a lía. Sabes o que penso e o que sinto. As ganas que teño de verte, de falar contigo. Xa sabes como son os meus enfados: chegan tan axiña como marchan. O único que quero agora é ter nas mans ese billete destino a Roma, para poder facer como se non pasase nada, coma se estivesemos onda sempre, xogando ás cartas ou ríndonos dos demais.
Quería responderche, enviar unhas liñas coa miña letra de colexio de monxas, pero non sei se debera facelo ao enderezo que me remites. Por correo electrónico é tan frío, que pensei que o que máis che gustaría sería lelo aquí, neste caderno. Xa sei, ti mereces unha e mil entradas só pra ti. Para comezar vai esta.
Miña nena, dentro de pouco terás a tres almas perdidas vagando por Roma. Prometido...

6 comentários:

Madeleine disse...

Es´tás na cama moi quentiña, moi axeitadiña entre as mantas e non queres nin cambiar de xeito...
Así é como se atopa Madeleine no seu espello: quente, segura, fragmentada. Sen embargo, vaga a pena saírdes da quentura para dar con cousas como as que contas, Oko. Unha linda historia, de seguro cun inolvidable final.
Non dubides en ir a Roma, creo que se tés alguén agardando non ten desperdicio.

Por certo, excúsame por terche tuteado

Aultre Narai disse...

ves como a ti tamén che escriben cousas bonitas? :)

Príncipe hindú disse...

Roma es increíble y supongo que de la mano de una amiga las sensaciones de esa ciudad mágica serán más intensas... Que suerte!

PH

oko disse...

Madeleine. Sabe que a súa compaña me sería moi grata para pasear por Roma

Aultre Narai, de certo que si me escriben cousas lindas, ten razón. Síntome moi afortunada, porque era unha carta que estaba a esperar dende había moito tempo...

Príncipe, cando volte contareille, aínda que estou segura de que é coma vostede di!!!

xorna disse...

ai, a nosa pauliña, a nosa luriña, a nosa mora... que ben saber que en poucas semanas estaremos paseando con ela pola praza de San Pedro... non sabe canto a boto de menos! o outro día, cando falamos de ir á bolera, por un segundo pensei en que tiñamos que avisala para ir pasar a tarde todas xuntas...

oko disse...

Esa é a miña Paula, a que só recoñece unha vez que se emocionou, por moito que se lle insista!!!
Nena, o Coliseo está a agardar por nós!!!!!!!!!!!!!!

(Ah, e non tes que dar as gracias, anque iso xa o sabes!!!)