- Cando era pequena tiña enganchado da cortina un koala pequeniño de color gris. Era moi bonito, anque non xustifique o seu parecido comigo actualmente. Supoño que a mala leche dos koalas cando se enfadan si pode ser análoga. (Por certo, Madeleine indica que tiña un flotador de koala. Todos tivemos algo de koalas de cativos?)
- A prenda íntima que teño con koalas son uns calcetíns morados. Son preciosos e por dentro teñen como pelo de toalla. Cando teño os pes fríos son o mellor invento do mundo.
- Os koalas foron durante moito tempo os meus animais favoritos, pero por discrepancias en cuestión de gustos, foron substituídos polos morcegos, que só comen ratos e insectos.
- Os koalas teñen tanto dereito como calquera outro bicho a ter un sitio propio: Koala Lumpur . Foi unha chorrada, pero unha chorrada da que me sinto orgullosa.
- O comentario de Mr. Tichborne levoume a querer saber máis sobre os koalas. Durme 22 horas diarias, cousa que eu faría se me deixasen. Ademais, cando nace pesa cinco gramos. O das prácticas sexuais non o dei atopado. Pero estou segura de que quen me chamou koala tamén o descoñecía.
23.2.06
Aclaracións sobre os koalas...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
Si, é certo, odio as fotografías de nenos e/ou bebés. Pero é que... eu quero ese disfrace!!!!!!!!!!!!!!!
Eu tiña un bonecokoala que me trouxeron de Australia ¿VALE?joderrrr
Interesante cuestión... se durmen 22 horas, en qué invirten as dúas restantes?
Non é Oko xa algo maior para enfurruñarte co disfrace dun cativiño tan curro?
O outro día eu cabreeime coa miña nai porque lle mercou a unha nena unha lambetada desas e amin non me mercou nada :(
jajajja o que pasa é que che molou o meu, claro, adaptado co do koala. pois, teño unha amiga que se fixo a tatuaxe dun bicho deses gabeando por un piñeiro non medio e medio da cacha...
esa si que é boa!!
Dios, pois terei que comezar a plantearme o da tatuaxe...
O certo é que si, que o seu disfrace encantoume, Aultre Narai.
Pílula, o resto do tempo saben aproveitalo ben, porque fan o mesmo ca o resto dos bichos en menos horas: comer, "relacionarse"...
Madeleine, eu aínda acuso casos de infantilismo agudo por veces en min mesma...
Sabías q el koala es el animal favorito de mi hermana Sara?
Por cierto, bicho, si tu animal favorito actualmente es el murciélago, deberías saber que tb hay murciélagos q se alimentan de fruta, de hecho son los que se adoptan de mascotas, ya q sobreviven a base de potitos para bebés. Lo sé, xq tb tuve mi obsesión por los murciélagos. La foto de mi messenger es la de un murciélago que estuvo de inquilino en mi casa durante 1 día. Vistos de cerca aún son más bonitos. Y supersuaves...
Enviar um comentário