4.2.06

Onte, cando cheguei a casa, había algo agardando por min. Era un sobre pequeno co meu nome escrito a lapis nunha letra enorme. Abrino, e dentro había un poema escrito a man nun folio verde, cunha letra máis ben irregular. Estaba sen asinar
O certo é que me importou ben pouco quen mo mandara, aínda que mo dixera meu pai dous minutos despois
Hai que ver o ben que sentan os pequenos detalles cando chegan así por sorpresa
...

11 comentários:

Aultre Narai disse...

:)o pequeno pracer de recibir cousas bonitas. e se non é moito preguntar, de quen era?

Vicente disse...

Os pequenos detalles son o verdadeiramente importante

oko disse...

era dun rapaz que estivo na miña clase no instituto, e que me tiña en moi elevada consideración.
é que me fixo moitísima ilusión!!!!!!

Aultre Narai disse...

vamos, que vostede levanta paixóns!!! ai, que envexa, a min nunca me tiveron en tan elevada consideración. non que eu saiba. xD

oko disse...

home, eu creo que non era paixón, senón máis ben admiración, que é diferente. creo que el pensaba que eu era todo o que el tiña que ser, ou algo así. e estaba ben equivocado!!!

Aultre Narai disse...

mi má! admiración. iso si que é grande. non creo que estivese tan equivocado.

Anónimo disse...

Ai,ai..
é ken eu estou pensando...??
k fuerte...!!!!
o noso veciño, o k estaba 1 mesa + aló..???

k lindo..!!!
xDxD

acedre disse...

Os detalles pequenos e por sorpresa sempre son un exito.
Sorte que tes.

Príncipe hindú disse...

Que suerte!
Si es que no hay nada como un hombre detallista, sensible, sincero. Cualquier día el Príncipe la sorprende con un poema escrito con un enorme color rojo...
Quizás se lo deje en el pupitre o quizás en esta su casa. No sé... mientras me lo pienso esperaré la llegada de las musas. ;)


PH.

oko disse...

Si, señorita compi de instituto, é ese que se sentaba ao noso lado. quen senón...?

Príncipe, agardo con impaciencia esa sorpresiña súa. de seguro que será un éxito como indicou Acedre.

Bukowskinho, di vostede cousas moi bonitas. coñecémonos? é que non consigo ubicalo...

Marinha de Allegue disse...

Eses intres non teñen precio...
Disfruta deles!!.
Unha aperta.
:)