18.2.06

Koala


Hai quen me comparou cun koala. Seica cando os animaliños se enfadan dan medo de verdá. O caso é que me lembrei agora do asunto, e pregunto: cren vostedes que uns bichiños tan xeitosos -o animaliño e mais eu- podemos ser tan terribles???

15 comentários:

Aultre Narai disse...

muller, non sei, eu nunca te vin mala leche. o que si sei é que as persoas máis boas cando se cabrean meten medo de verdade. iso seguro xD

e ben, eu tampouco me fiaría moito dos bichos eses..., hai moito lobo con pel de año... e eu coñezo a unhas cantas persoas que son así. de todas eu prefiro os cans, e se son palleiros, máis.

Aultre Narai disse...

o de que non me fío era polo bicho ese, de ti claro que me fío :) é que lle teño manía... tenme pinta de falso... jajajajaj

vaia razoamento!

Marinha de Allegue disse...

A ti non te coñezo persoalmente, máis tod@s canda sacámolo xenio somos TERRIBLES non crees??.
En canto aos Koalas a mín seméllanme animais tranquilos e pachorrentos, mais...vaite ti ver si lles tiramos das orellas digo eu que sacarán o seu xenio tamén.

Unha aperta.
:)

xornalistiña disse...

pois eu non podo ser moi obxectiva, porque o koala é o meu animal favorito...

Aultre Narai disse...

jjajajaja menos mal que es sincera!!

Laurindinha disse...

Que bonitiños...!

Os_Alumnos disse...

para nada, muller. os koalas son animais moi especiais e como especiais k son están en perigo de extinción. Eu sentiríame orgulloso de ser koala! un bico

TXARI disse...

no temple está a chispa que agarda o combustible, cum adecuado comburente...os fogos de artifício som dignos de ver...dígocho eu que deso sei...

Madeleine disse...

Cando era cativa e non andaba polos espelliños, tiña un flotador de koala. Creo que mo rachou o Bu, o can da miña avoa.

torredebabel disse...

eu penso que ata o bichiño máis xeitoso do mundo pode tolear cando se cabrean, como di aultre narai. Apertas!

por alusión disse...

o que a denominou koala pontualiza:

-que, sen negar a posíbel analoxía que se aponta, en ningún momento considerei a cuestión do enrabechamento sulfuroso como ponto de semellanza
. moi pola contra, analisaba en concreto mediante criterios de apertabilidade e odiabilidade

-que o seu propio agarimo e identificación coa especie citada ficaron máis que demostrados cando vostede dixo: "cando menos nós temos un sitio propio: koala lumpur". e polos retratos dos ditos bechiños en certas prendas do máis íntimo

.
receba os máis garimosos chíos, ollámonos polas pólas

oko disse...

Moitas graZas polos comentarios. Creo que a resposta merece un post!!!!

Mr Tichborne disse...

Contáronme que o koalo, para aparellarse, persegue á koala eucalipto arriba, acádaa e escroquéalle a cachola contra o toro, e cando está inconsciente (e permanece abrazada ó toro) o koalo viólaa. Non sei se quen te comparou con ese becho coñece tales hábitos. De todos xeitos, mellor cabrearse que levalo dentro...

Mr Tichborne disse...

Por certo, bonito blog!

Anónimo disse...

Dsd la facultad de biología, te recuerdo, q los koalas se consideran Animales Salvajes, término q se emplea para denominar a todo animal NO doméstico.

Y sinceramente, yo tb sería un animal salvaje, si unos impresentables estuvieran destrozando mi habitat y mi alimento, y por tanto, mi especie.

Y el q te haya llamado Koala, no sé en que sentido... Creo q lo único q tienes de koala (x decir algo)es "a dor na retina"