7.2.06


Seguindo a petición de Iria, aí van as miñas manías:
  • Gárdoo todo, todo e máis, sobre todo folletos, papeis, trípticos... sempre teño á miña nai detrás berrándome por iso
  • Encántanme os lapis, de todos os tamaños e cores. A miña mellor adquisición é un lápis polaco pintado a man de tamaño considerable
  • Non soporto os libros (de lectura, non de clase) anotados, ou coas páxinas dobradas, ou mal coidados. Para min son obxectos sagrados
  • Odio as faltas de ortografía, non tanto nos textos mecanografados (todos somos humanos) coma no que se escribe a man. Póñenme mala, e danme ganas de tachalos mil veces en vermello
  • Cando estou nerviosa, non paro de mover as mans, e necesito ter algo nelas para movelo, darlle voltas, facelo soar, etc
Supoño que se me quedan mil atrás. Pero é que ademais teño unha memoria prodixiosamente selectiva, sobre todo para pensar as cousas de inmediato
...

7 comentários:

Os_Alumnos disse...

eu tamén pensaba que os libros non podían ser subliñados e cousas así, pero hai k facelo persoal, de cadaquen, unha ferramenta imprescindible. Pero é certo k eu teño libros aos que non toca máis qeu coas mans...

bukowskinho disse...

Ben certo é oko...

Ben certo...

Eu tampouco soporto as faltas de ortografía en manuscritos... pero éche o que hai. A xente pasa de todo e vale que teñas unha falta.. pero d'aí a que escribas absorver ou cousas así (por certo é un erro corrente en min jaajjaja, agora xa non absorber... é que me soa mellor con uve a segunda pero bueno... )
O dito: eses puntos que acabas de expor gustáronme bastante así que a petición de bukowskinho podías dicir o que che gusta ver nos libros de lectura... non sei se che gustan con ilustracións, sen elas se che gustan os libros de pasta gorda non sei...

Curiosa e fascinante lista de cousas

Marinha de Allegue disse...

Cada quen ten as súas manías, eu coincido contigo na primeira na de gardalo todo.E tamén na de mover as mans eu xesticulo moito cando falo (ainda que non esteña nerviosa). Teño unha amiga que sempre me di -¿si che agarro as mans eres capaz de falar?.
Unha aperta.
:)

Oliea disse...

Eu tamén teño a manía de gardalo todo...
o que pasa, e que ás veces parece máis un almacen de obxectos confiscados que outra cousa

Aultre Narai disse...

eu máis que manías chamaríalles "costumes estraños" :) eu son coma os cans, sempre cheirando a todo quisque!

Madeleine disse...

Pois a min sí que hai libros que me gusta ter ben marcados,para atopar rapidamente aquelacousa tan fascinante que dixo aquela autora no libro de tal.
Polo que contas, non te esqueces a manía de cortar o pelo? Non sei, digo eu...

xornalistiña disse...

oes, olvidóuseche que tiñas que "nominar" a outros para facer a súa lista. ou é que lle gusta romper as cadeas?