23.5.07

Despois de case un mes...

Non quería facerme ilusións. Non quero pensar que mañá sairei andando ao estilo Oko, e non ao estilo House. Non quero pensar que o debilucho do meu pé esquerdo está xa sandado, e pode facerse cargo de si mesmo. A saber que andarán a dicir mañá as radiografías de min, que lle dirán ao médico.
E polo de agora, van cambiando os plans. Estes últimos tres días están a ser un cambio de plans continuado. Quizais cambie Irlanda pola calor americana. Quizais cambie o nacionalismo cristián por unha historia máis concreta, desas que ata emocionan. Quizais cambie, incluso, toda eu, no decorrer das próximas (frenéticas) semanas. Non podo fastidialo agora, que xa non queda nada. Só teño que pensar que, en canto chegue á cinta da meta, só teño que rachala e seguir correndo. Este tren non o vou a perder, prometido. E que sexa o que Deus queira.

6 comentários:

Anónimo disse...

kambia todo lo ke tú kieras, pero d mi no t olvidessss
:P

Zerovacas disse...

sorte mañá. Aínda que non confíe xa en case nada, niso si confío

Anónimo disse...

a miña fonte de primeira man confirmou que agora sí que é igualiña ó doutor house, noraboa! iso da caché

Madeira de Uz disse...

Muita sorte. E polo de acabar a carreira não te estresses... não te estresses... :-)

eamare disse...

Gustame a comparación con House.
E a falta de pastillas; piruletas... desas que tanto che gustan regalar.


E quita a escaiola xa, muller, que todos sabemos que andas a facer teatro!

oko disse...

como te voiu a olvidar, muller deseosa???
zero, ao final tiñas razón, e quitáronmo :)
nojo, non me falta nin a majería de house, a tal hora
galeguzo, teño que acabala, porque o que vén despois, promete moito máis...
eamare, cando volvemos a sair pra ir por aí sementando compostela de piruletas??? bótoo de menos... (teatroooo, la vida es puro teatrooooo... o de que era teatro tamén mo dixo o sábado o pai da señorita madeleine :P)