5.11.07

de concertos

O primeiro é sempre dicir que son fantásticos, que saltei coma unha nena pequena, e que a única mágoa foi miralos de tan atrás (e chegar tarde). Quizais a eles lles deba estar hoxe coas amígdalas de tamaño de pelotas de tenis, ou quizais á miña inconsciencia nocturna (que fai que nunca me abrigue o suficiente). Quen sabe.

Pero faltábanme moitos alí. A verdade é que estabamos pouquiños, comparado cos que soemos ser, e aínda descontando aos emigrantes. E tiven que agardar ao sábado pra ver a dúas suxeitas que me funcionan sempre como a voz da conciencia, as miñas particulares Pepiñas Grilas.

E na casa, o de sempre. Ir ao cemiterio (que é unha das cousas que máis me gusta do ano), celebrar os 28 aniños de I., e despois poñerme enferma e facer que os meus pais quedaran preocupados ao ir coller o avión.
Xa ven como ando de sensible (debe de ser a febre) que xa teño ganas de voltar. Pero preséntanse duros estes dous meses antes do Nadal, e teño que traballar moito pra poder acougar na casa e dedicarme a calcetar bufandas ou a durmir diante da cheminea como faría un gato. Iso é, sempre, o que máis me gusta do Nadal.

5 comentários:

  1. as miñas amígdalas van polo tamaño "pelotas de ping-pong" e tamén lle ando botando a culpa a esa noite, cóidate moito.

    ResponderEliminar
  2. E ese virus é galego ou é vasco? Porque ao mellor viña incubado dalí e autodeterminouse en Galicia

    ResponderEliminar
  3. xa estou mellor, besbe, gracias :D
    paideleo, moi interesante, o do meme
    zerovacas, se foi un virus vasco autodeterminado en Gz, xa podían ir copiando os virus galegos... :D
    de todos xeitos, de seguro que é un virus radical, mirando o ambientillo xeral que me rodea...

    ResponderEliminar
  4. Neniiii

    mañá vou ser case a única que coñeza a The Homens no concerto da Uni...

    Calimocho ás 14:30???
    Q duro seguir sendo universitario!

    (Espero que desfrutases de Santiaguiño. Eu tamén quero novas! :) )

    ResponderEliminar