
cada mañá saio a esta rúa de pedra para ir a calquera lado. en menos de doce horas estarei do outro lado do norte,
na beira do Atlántico. en algo máis de trinta e seis estarei noutra
Pedra un pouco distinta, e aínda máis familiar. agárdanme unha manchea de sorrisos, unhas cantas apertas desas que deixan sen respiración e mais un
concerto (do que agardo atopar entrada)
adoro
esta cidade, pero... quen pode resistirse aos encantos do doce lar?
Eu estou atrapada por estas pedras e a verdade é que non me imaxino encerrada noutro sitio. Benvida
ResponderEliminarPois ao mellor até cruzamos miradas nalgún momento nese concerto, e nosoutras sen sabelo :)
ResponderEliminarVoltar sempre está ben,sobre todo se tes xente que agarda por ti.
Pasame o mesmo, cando levo un tempo lonxe da Compostela preciso regresar.
ResponderEliminarsemilla q todo o blogomillo tivo na nasa
a min pasábame o mesmo, úrsula, ata que tiven que escoller camiño, e compostela non era posibilidade :S pero non me arrepinto, porque sempre a teño a agardar por min
ResponderEliminarrapaza do arco, seguro que nos miramos sen saber quen era quen. son cousas do anonimato :D
ak, todo o blogomillo se xunta para as mesmas cousas :D