
Non, non é que non queira
marchar. Cando cheguei, só tiña ganas de
deixalo, de coller a porta e dicir, aí vos quedades co voso
xornal de merda. Pero agora custa despegarse e marchar. Hoxe agonicei ata tarde a miña marcha. Mañá non quero saber como vai ser. M(s) e N(a) xa me dixeron adeus. Ou ata pronto, que ás veces é o mesmo. Mañá tocaralle ao resto, a N(s), aos fotógrafos, a B. E o certo é que non quero marchar, e non me arrepinto destes
tres meses, de canto
aprendín, do incrible que é esa
xente, capaz de sacar unha edición turrando co
monstro do capataz.
Vólvenme as ganas de ser xornalista, esas que nunca tiven. E agora, quizais porque estea sensible, planteo un futuro que non estea de todo afastado dos medios. E teño medo, porque a satisfacción co traballo non a dan os compañeiros, pero foron tan importantes para min este verán... e tamén teño medo, e máis aínda, ao saber que non vou a atopar tanta xente tan boa en ningún sitio. Non, en realidade non quero marchar
Das marchas tamén se aprende.
ResponderEliminarÁnimo!
Estou con X, das marchas pódese aprender moito en tódolos sensos...
ResponderEliminarMoita sorte e forza.
Unha aperta.
:)
claro que se aprende, e iso quizais é o que as fai máis difíciles...
ResponderEliminarpero gracias polos ánimos!!!
o difícil é o bonito ao mesmo tempo. se custa dicirlle adeus á xente é porque houbo bos momentos.
ResponderEliminarque che sexa leve e ánimo.