Nunca estivera tan en Marín desque marchei. Gústame meterme no Concello para ver que pasa cada día, e falar con xente que aínda te sorrí pola rúa. Saber que rúas se van empedrar e cando se van limpar as praias. O señor aquel que cada día ves escribir nunha cartulina con boli verde enriba dunha furgoneta abandonada con cristais rotos, e con probabilidade te esquezas de ler o que escribe o día que non o atopes. O neno aquel que te mira rindo de detrás da porta dun comercio pechado. As roseiras vermellas que hai ao carón do Concello, e a rolda de prensa co home aquel, pai dun dos primeiros amores platónicos, unha espiña que aínda tes cravada.
Gústame o aire de Marín polas mañás, e que me pregunten de quen veño sendo. Que me deixen notas de prensa nun buzón que digan "sacrificando o proxecto nacionalista pola moqueta, coches oficiais e garabatas. Se Paco Rodríguez tivera un mínimo de dignidade, xa tería presentado a súa dimisión"
E é que, polo de agora, aínda teño esperanza de que este siga a ser un pueblo tan enorme coma sempre... Que grandes somos cando queremos!!!

4 comentários:
Sabes la sensación de paz y felicidad plena q se siente cnd haces las cosas bien? O cnd vés una buena peli de estas q no te dejan indiferente? O cnd escuchas una canción y no kieres q acabe nunca?... Es una sensación casi mágica.
Bueno, pues así es como tb me siento yo cnd leo algo como lo de hoy.
Gracias
Gustoume a frase final, ademais é moi certeira.
Unha aperta.
:)
I say briefly: Best! Useful information. Good job guys.
»
Hmm I love the idea behind this website, very unique.
»
Enviar um comentário