8.7.06


estiven os últimos días tentando convencerme de que nunca nacera, pero na barriga teño unha cicatriz que se empeña en contradicirme, que me ata co mundo real, como diría rivas. estiven tentando convencerme, tamén, de que o tempo non pasa, pero irremediablemente pasa e cada día nótome máis maior, anque non me guste. e tamén me vou definindo e deixo de ser aquela nena que non paraba de falar, pero sigo tendo estes ollos un algo saltóns e tristes das fotos de cativa.
ando pensativa estes días e doulle mil voltas a todo. quero, xa que esta fiestra é miña -se o señor blogger mo permite- facerme un regalo. aí volo deixo

"Aprender a mirar os ollos, a mirar lentamente, profundamente, aprender a escoitar cos ollos. Ninguén pode soportar a interrogación do silencio, escribiuse. Ninguén pode soportar a interrogación dos ollos. Os ollos descúbrennos e encúbrennos. Canto tempo tardei eu en habitar os meus ollos, vivir neles, poboalos. Porque polo xeral fuximos da rexión dos ollos, demasiado clara, e nos agochamos nos sotos do corpo. Hai que ir vivir aos ollos como ao alto da claraboia, aos claros faiados da casa, aos ceus do corpo. Estar nos meus ollos para que se me vexa e para ver. Instalarse nos ollos coma nas estancias máis soleadas do corpo"

5 comentários:

Anónimo disse...

Tenías mono, no? tres entradas en un mismo día, todo un record.

Haciendo inventario... ya no soy la única a la q le cuesta cumplir años...

No te voy a decir q me encantó lo q escribiste, xq me repetiría. No sé si es q ya no tengo criterio, si es q todo me vale, si es q soy poco objetiva, si es q siempre te leo cn mi mejor mirada o... Bicho, q a estas d alturas aun me dejas Impresionada.

Tía q vales un montón, q te kiero mucho y q Feliz Cumpleaños (ahora casi 3 horas más tarde, jaja).

Un besote

Anónimo disse...

Os ollos son o espello da alma...

Unha aperta e un sorriso.
;)

oko disse...

bicos para as dúas...

Anónimo disse...

Interesting website with a lot of resources and detailed explanations.
»

Anónimo disse...

Your website has a useful information for beginners like me.
»