31.7.06


Os blogueiros son dunha raza máis ben rara. para comezar, son majos -cousa difícil ou imposible de aplicar aos membros de calquera outra raza así en termos xerais. Ademais son sociablese son quen de interrelacionarse os grupos de adolescentes e maduritos entre si. Ademais son uns frikis, pero iso é case sobra dicilo...
Non sei que dicir da xantanza de onte... a mágoa que me dou ter que marchar tan cedo? as ganas que teño de que se repita? que o alcol é moi malo para a saúde? que cada xantanza vas descubrindo novos blogueiros e cada cal millor? que estou a facer un post peloteo - aparte de ñoño e chungo-totalmente? que aínda faltaba moita xente?
é que non sei moi ben o que dicir... o único malo que tivo o día foi esas malditas astillas que me levei pra casa clavadas nas mans... do resto... agardarei á próxima con ansia...

9 comentários:

Desorde disse...

algús si q somos antisociais. inda q riquiños. claro

Anónimo disse...

Non sabía que se mancara vostede. Síntoo moito. E xa sabe que eu sempre estou disposto a actuar de enlace entre adolescentes e maduritos.

Anónimo disse...

lascas nesas mans cativas (tanto no volume como pola súa saúde precaria)??

dende o niño, síntollo ben.

oko disse...

desorde,estou segura de que é moi riquiño pero non antisocial... agardo poder comprobalo algún día!
modesto, foi vostede o grande descubrimento desta xantanza!!!!! e non se preocupe polas mans, cuatro astillitas de nada...
melro, non se meta comigo, que o tamaño non importa!!!! xD
mou... que pracer coñecelo en persoa!!!! (quedei a medio durmir co gara enriba da cama)
jan, un pracer tamén... agardo vela na próxima...!!!

Anónimo disse...

Doume por aludida co de maduritos, pero encantame a palabra e foi un verdadeiro placer contar con tantos "netiños" maravillosos.
Si, si, hay que repetir...
Bicos, queridiña

Anónimo disse...

muralla, para esta xente nova, maduritos somos os que temos máis de 25 :-D
Oko, agora sei onde vives. Bicos ;-)

Anónimo disse...

joé, non sei como me apaño que sempre me perdo todas as xuntanzas!! :(

moucho branco disse...

Pois xenial, agardo ir descubrindo pouco a pouco esa blogosfera galega tan chea de xente interesante.

Un saúdo.

oko disse...

bicos para vostede, muralla, que é tan riquiña!!!
opaco, eu tamén te teño localizado a ti, non te creas...
aultre, moucho, da próxima non pasa...