14.7.06

Balán


Era el. Era John Balan e estaba alí. Igual que cando era pequena e ía á Operación Kilo con mamá e había un señor que cantaba mentres petaba nunha porta. Para os nenos de todas as xeneracións era un boneco a tamaño real. E tamén unha razón para sentirse orgulloso.
Alí, na homenaxe estaban moitos amigos. Houbo palabras sinceras ainda que houbo tamén algunha hipocresía (diso sempre hai). Tiña razón Manuel Ruibal ao dicir que se todos os presentes foran alomenos unha vez a visitalo, faríanlle o tempo máis levadeiro.
O mellor, sen dúbida, o Xarangallo Mangallo. Non sei se quen non é de Marín os coñecía. Son do mellorciño dopueblodetodalavida.
E pouco máis que dicir. Que cantei por vez primeira o Marín del alma, despois de oirllo tantas e tantas veces á miña nai. Que me emocionei, como case todos os que estabamos alí. Que non quero chegar a vella.

E como colofón, encontronazo (que non encontro) con grandes e enormes blogueiros galegos. (Preferiría borrar ese momento da memoria de todos, se me disculpan)
Ah, e disculpen pola mala calidade da foto. É que estaba moi atrás, e... bueno, todo iso

7 comentários:

besbe disse...

Ola moza, de certo que son grandes e enormes, outro "ente" mais eu andabamos detrás deles e si que te vimos a ti :)

Bicos (e o Balán xenial)

Laurindinha disse...

O Xarángallo Mángallo, que pena non poder estar alí! Tódolos domingos de entroido en Bueu, pola mañá, antes do enterro, pasaban por diante da miña casa... Entón iamos todos ao "Chouso", un mítico bar de Bueu, e oiamos todo o repertorio. Era un dos mellores momentos do ano.
E John Balan... tantas e tantas anécdotas que sempre oín del... que pena non poder estar alí...
Xa me comentaron do teu encontro blogueiro, XD. Bicos!

Anónimo disse...

nem olhes para o snob, é o meu homem!!

oko disse...

jajajaja, o "ente"!!! agardo vela na chuzarrascada, besbe!!!
laurindinha, vostede si que sabe apreciar o bo!!!
teño uns cantos petazetas reservados pra voçé, señor mourullo!!!!! (voullos a mandar polo gmail, xD)
sabela, ameázame vostede na miña propia casa??? por favor, como mínimo identifíquese!!! e iso de ter a alguén en propiedade non está ben!!!

nota: porque non me vai o fedello dende a redacción!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo disse...

Looks nice! Awesome content. Good job guys.
»

Anónimo disse...

Very pretty design! Keep up the good work. Thanks.
»

Anónimo disse...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it »