29.7.06

O teu último toque foi ás 20.04. Un minuto antes, ás 20.03, un home chegaba correndo ao posto de socorrismo de Aguete porque na praia do lado o seu irmán estaba a piques de morrer.
Case ás nove cheguei eu, e o corpo estaba deitado na area, tapado cunha sabán, e custodiado por dous policías da nacional.
Eu quería escribir hoxe sobre a botadura dun barco e a visita dunha ministra. Pero en dúas semanas xa escribín de dous mortos, mortos no mar.
Ao chegar á redacción N. preguntoume se aínda quería seguir nese oficio. Non souben que responderlle. Despois quedamos sós e contoume como foran as súas prácticas e os seus primeiros traballos. "Todo o que sei aprendino na radio", dixo. Porque lle tocou a época do tripartito galego e ía só e non lle quedou outra que aprender. -No fondo, aínda que non queira admitilo, eu tamén estou a aprender del. E estou a collerlle un cariño tremendo. Botareino de menos cando o luns diga que se vai, cando en setembro eu diga que me vou-.
Creo que xa o dixen, que hox quería falarlles de botaduras de barcos e ministras correntes. En realidade, o que acabei contando, o que quixera contar todos os días, é o moito que me gustan os ollos de N., e o cheiro que o seu Ducados vai deixando entre as mesas cando fuma na ventana. E tamén, a súa ollada, a medio camiño entre paternal e cansa, cando lle desexo un bo fin de semana ao saír da redacción, ás once e media da noite

3 comentários:

mourullo disse...

Esto é xornalismo!

Anónimo disse...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! Imitrex ingreadiants magellan roadmate 700 roadmatet gps auto navigation system car monitor mounts dashboard rhinoplasty madison wi

Anónimo disse...

Excellent, love it! » » »