atopas xente que traballa con tal optimismo que cres que deberas è posible un mundo mellor. e comeza davos e decàtaste que atalhora o centro do mundo està tan confuso, tan caòtico, que poderiamos facer unha bola del, botalo ao lixo, e debuxalo todo de novo
29.1.10
nas "aforas" da periferia do mundo
ás veces pregúntome se esta cidade é periferia ou centro do mundo. se paseas pola rúa dos bancos, cos seus rascaceos de garavatas, entón é centro do mundo. se paseas, coma hox, polos barrios menos afortunados, onde todo o importante pasa por que a pel non resulte branca de máis para quen arrodea, entón sabes que estás na perifeira da perifeira
e é na periferia da periferia onde acontecen as cousas màis marabillosas, màis inusuais e, por tanto, as màis insòlitas. atopas rapaces que se organizan pra pintar a sùa escola, ou pra organizar torneos deportivos, ou dìas de convivencia, pra facer do seu arredor algo màis amable, màis humano. rol que quizais nòs temos asumido que corresponde aos adultos
atopas xente que traballa con tal optimismo que cres que deberas è posible un mundo mellor. e comeza davos e decàtaste que atalhora o centro do mundo està tan confuso, tan caòtico, que poderiamos facer unha bola del, botalo ao lixo, e debuxalo todo de novo
atopas xente que traballa con tal optimismo que cres que deberas è posible un mundo mellor. e comeza davos e decàtaste que atalhora o centro do mundo està tan confuso, tan caòtico, que poderiamos facer unha bola del, botalo ao lixo, e debuxalo todo de novo
26.1.10
20.1.10
na poesía -coma na vida, supoño- sempre son os mesmo fillos de puta, que dicía un ilustre
mais non fai sentido queixarse. todo vai ben e a primavera ameaza con chegar. optimismo e pès na terra a partes iguais
e unha dose de bo humor para o que ven por diante, que non è pouco
mais non fai sentido queixarse. todo vai ben e a primavera ameaza con chegar. optimismo e pès na terra a partes iguais
e unha dose de bo humor para o que ven por diante, que non è pouco
18.1.10
haití
esta semana foi moitas cousas pero haití. de feito, foi moitas cousas xa antes do 12 de xaneiro, e non obstante non son quen de lembralas. foi o cirque du soleil pero haití. foi a despedida de a(a) e a nova da visita de a(o), pero haití. reatopar con xente que xa volveu das vacacións de nadal, coñecer xente nova, pero haití
a tolemia do centro de acopio, a tolemia da falta de información, da anguria por non saber que pasa. a maior emerxencia que afrontou nacións unidas na súa historia, os mortos -que aínda nin se sospeita cantísimos porden ser-, os feridos, os famentos. miseria sobre miseria. e aquí, facendo e é tan pouco o que se pode facer. desesperanza. e saber que o 2010 vai ser un ano terríbel e cheo de traballo
8.1.10
ano novo

cada vez máis estou segura de que o ano non comeza o día 1 de xaneiro, con rapazas en sandalias e vestido pola rúa e ríos de alcol
o meu ano, desta, chegou co apalpador, e o apalpador chegou o sete de xaneiro a cidademonstro. chegou envolto en papel de estraza e papel de regalo. e cunha postal que enviaba beixos fríos dende a neve que cubre a cidademáisbonitadomundo
(e así foi que o apalpador cruzou o océano e que fixo deste nadal tan estraño un pouco máis agarimoso, un pouco máis galego, se se quere. un pouco máis especial. e tamén foi así como tiven un sorriso na boca durante tanto tempo e sentín saudades de alén mar)
Subscrever:
Mensagens (Atom)