
pois xa está señores. que de aqui nun ano -diosmediante- xa serei toda unha señorita licenciada. aló vai un curso máis. non lles parece que pasa demasiado axiña???
"Era imposible mirar os raís un minuto seguido e non sentir dor na retina" (M. Darriba)
o lume que facemos na casa é pequeno. case é máis grande o que usamos para asar os xurelos. pero a min gústame. gústame porque mamá está colorada polo lume e dime que beba viño que é bo para o corazón. e facemos as herbas de sanxoán, os poenxos, e vaime explicando que leva: herbaluisa, romeu, fiuncho... e despois pregúntolle que é aquilo que facían miñas irmás cando eu era nena. botaban un ovo nun vaso e á mañá seguinte saia na xema o debuxo do oficio do home que as leve. eu non o fixen. porque non creo que sexa certo, ou porque nos queda sempre ese medo de que no fondo poida ser certo. eu non quero que me leve ningún home. nen ninguén.
non. non quería poñer unha foto ñoña típica-tópica das miñas uñas porque me pareza todo moi artístico. non é iso. é que levo toda a tarde a tentar comprender a lei de partidos e tentar analizar a súa viabilidade actual estando as cousas como están. e canto máis leo e máis penso, menos sei. por que ten que ser todo tan complicado?

Hoxe cometín o enorme erro de poñer nun exame de cinema que Bazin filmara películas. Xa me asegurei un aprobado raspado, a pesar de que é unha asignatura da que aprendín, disfrutei, e para a que traballei. A vida é realmente inxusta. Estou a preparar unha materia para a que por moito que estudie, nunca sacarei nada en limpo. Algún día poderei rirme de todo isto?