o lume que facemos na casa é pequeno. case é máis grande o que usamos para asar os xurelos. pero a min gústame. gústame porque mamá está colorada polo lume e dime que beba viño que é bo para o corazón. e facemos as herbas de sanxoán, os poenxos, e vaime explicando que leva: herbaluisa, romeu, fiuncho... e despois pregúntolle que é aquilo que facían miñas irmás cando eu era nena. botaban un ovo nun vaso e á mañá seguinte saia na xema o debuxo do oficio do home que as leve. eu non o fixen. porque non creo que sexa certo, ou porque nos queda sempre ese medo de que no fondo poida ser certo. eu non quero que me leve ningún home. nen ninguén.
despois, ás doce en punto, saltamos a fogueira tres veces e pedimos un desexo, para ver se o azar ou o sanxoán nolo cumpren. e despois os invitados foron marchando, e quedamos os catro a ver como acababa de arder a leña no lume e apagámolo e marchamos pra cama que mañá hai que traballar.
non é marabillosos estar na casa por estas datas?
5 comentários:
Eu que pensaba que podería postular a "levarche" algo, ou a levarte... Bueno, está claro entón que o meu desexo de San Xoán non se vai cumplir.
Alégrome que o pasaras ben, eu andiven algo tristeira, non sei por que
A mi me encanta el sonido de la leña al arder.
En mi caso, la retirada fue a tiempo, xq al día siguiente había q empezar a las 9:30 a prepararlo todo para cuando llegasen los niños a la Peregrina deseosos de q le regalasemos un globo, los disfrazasemos o simplemente jugasemos con ellos.
Diagnóstico: Agotador, pero divertido. Y aun me queda la carrera "Europoyb eternal running".
Perdone por tardar tanto en escribirle, como ve estuve liada y no me imaginé q tendría tanta lectura pendiente en su blog.
Bueno, pues ya la veré cuando la vea.
1 bs
para vostede sempre estou, madeleine
alégrame saber que o pasou vostede ben, anónima
Very best site. Keep working. Will return in the near future.
»
You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it
» »
Enviar um comentário