31.3.08
29.3.08
28.3.08
do sáhara iv
as que primeiro se erguen, e se deitan máis tarde. as que fan a casa, crían os nenos, administran os recursos. as que máis sorrín, as que máis cantan, as que máis traballan. as que levan nas costas o peso do deserto, da guerra, da pobreza
sen as mulleres, vivir alí sería imposible. impensable
27.3.08
do sahara iii
non estou aquí pra dar leccións, pra adoutrinar. non sei facelo, non teño dereito, nin armas pra facelo. non quero que teñades esa impresión. só quero dicir aprendín, e quero dicir axuda, e quero dicir queda moito camiño por percorrer, a min como individuo, a min como parte dunha comunidade.
entón digo: ide, ide e comprobade. mirade os ollos dos nenos que nunca miraron a súa terra, que quizais estean medrando para a guerra. dicídelle paz ao xurista que traballa nunha chatarrería, ao enxeñeiro que xa esquenceu todo canto sabía. á muller á que a guerra deixou viúva, orfos os fillos.
se credes que quero dar leccións, que pouco entendedes

26.3.08
do sáhara ii
trouxen os ollos cheos de area do deserto. máis limpos do que os levei.
aprendín a aprender en silencio. a mirar por dentro. admirei todo o que se pode conseguir con vontade. a tristura de quen o deixa todo por unha causa. de quen non é de ningures.
descubrín que o deserto está cheo de cores e sons marabillosos

25.3.08
do sáhara i
aprendín a dicir sahara hura e a admirar a súa dignidade como pobo nada máis chegar. piden só unha cousa: que lles deixen voltar á súa terra. e levan a cabeza ben alta e saben dar, dar todo o que teñen. cambiar a vida dos que os coñecen.
amei o deserto e descubrín que tiñan moito máis que darme do que eu a eles. abrín todos os poros e deixeime levar polas súas voces
(na imaxe, primeira vista de Tifariti, no campamento de refuxiados saharaui de Tinduf, Arxelia)

16.3.08
días de deserto
Marchamos pra vivir sete días fóra do mundo, fóra do mundo que nos é habitual. Unha oportunidade que non podiamos deixar fuxir. Din que seica cando lle colles o gusto a marchar, non che sae da cabeza. Por iso será que somos un pobo de emigrantes.

E levo mil cousas na cabeza: a historia de Solá, os mil plans pró vrao, o propósito de aprender unha canción, de ler, de grabar, de observar, sobretodo observar
Ata o luns que vén, que teñan unha boa semana!

14.3.08
SwL e demais

recibo resposta do correo que lle enviei en menos de dúas horas. persoas como javier solá fan que o terrible mundo da cooperación teña sentido. que merece a pena esforzarse por cambiar as cousas
(volvo a coller con forza as ganas por un traballo ao que non lle miraba o sentido. e máis forza aínda despois de visitalos esta tarde)
(imaxe sacada d'aquí)
-----
(volvo a coller con forza as ganas por un traballo ao que non lle miraba o sentido. e máis forza aínda despois de visitalos esta tarde)
(imaxe sacada d'aquí)
sementes:
mundo mundial,
sofegüare libre
13.3.08
cinco días por semana
tirado da axenda pró xoves:
- 8.10 - erguerme, almorzar
- 8.40 - saír da casa pra coller o metro a deusto
- 9.00 - clase de inglés
- 10.45 - coller o metro, volver á casa a agardar ao repartidor que trae un paquete
- 11.00 - ir a voluntariear
- 14.00 - xantar (comida xa feita de onte)
- 14.30 - conectarme pra rematar un traballo a entregar o venres
- 15.30 - saír da casa pra coller o bus, aproveitar pra ler material da clase
- 16.30 - clase de poboación e políticas públicas
- 18.00 - no descanso, ir a botar un ollo aos chicos do máster de rr.ii
- 19.45 - coller o bus de volta á casa, aproveitando a viaxe pra discutir a hipótese do proxecto
- 20.45 - ir correr
- 21.30 - ducharme, cear algo
- 22.00 - facer as tarefas do curso virtual
- 00.30 - descanso pra vaguear pola rede
- 02.00 - ir durmir, tardar en durmir alomenos unha hora (o meu cerebro xa non coñece o modo off)
os mellores momentos do día: facer o parvo no descanso da clase, desconectar correndo polo paseo da ría. mandarnos notas cando non mira o profesor se a clase é aburrida. debuxar ollos nas follas dos que sentan ao meu lado
o mellor da semana: non ter nin un chisco de tempo pra pensar que o domingo andarei camiño a madrí, que o luns estarei noutro continente, noutro mundo
sementes:
África,
Illa Peixe
10.3.08
post-electoral

9.3.08
eleccións

A imaxe saqueina hai un par de anos na Coruña, pero hoxe é igual e ata máis válida que entón. "Los asesinos son ellos, son periodistas". Conviría facer reflexión sobre o papel do xornalista hoxe, sobre o impacto que pode ter sobre o votante medio ver na tele, oir na radio, ler no xornal unhas novas de xeito masivo, e que outras non aparezan nin por asomo. A diversidade fica relegada á rede, mais así é imposible que chegue a todo o mundo, porque na rede hai que procurar as novas, nos medios tradicionais son as novas as que procuran ao espectador.
É preciso que analicemos, cada un, se de haber pluralidade e acceso total a fontes diferentes de información, o panorama electoral que impera no estado non sería radicalmente diferente
sementes:
Euskal Herria,
Gz,
violencia,
xornalistiña
7.3.08
unha outra vez
un home morto e unha familia destrozada, dixo o ministro.
un país enteiro destrozado.
e a incapacidade duns e doutros de decatarse de que a violencia non é o camiño.
de entre todas, quédome coas palabras que veñen dende o LAB:
un país enteiro destrozado.
e a incapacidade duns e doutros de decatarse de que a violencia non é o camiño.
de entre todas, quédome coas palabras que veñen dende o LAB:
esta morte, como tantas outras realidades de violencia, sacude unha sociedade que demanda a superación definitiva do contexto de sufrimento, confrontación e vulneración de dereitos individuais e colectivos que padecemos os homes e mulleres de Euskal Herria
maldita democracia
sementes:
Euskal Herria,
violencia
6.3.08
xornada de ir-reflexión
( e río coa idea de que ese sobre que dirixo ao señor presidente da mesa electoral vaia recibila papá. a primeria carta que envío só pra el na miña vida)
4.3.08
2.3.08
Subscrever:
Mensagens (Atom)